Exposición: Mulleres, do íntimo ao publico

O persoal é político. Exposición de pinturas de Marta Paz na Sala Rosalía de Castro do local da Agrupación Instructiva de Caamouco en Redes (Ares)

Esta exposición é un percorrido pola obra de Marta Paz, reflexións plásticas sobre como nos vemos as mulleres, como nos percibimos de forma individual, en momentos íntimos, e como fomos sumisas no relato histórico, pero tamén como somos suxeitos políticos do cambio e agora recoñecidas grazas ao movementos feministas.

As mulleres destas obras, ás veces a propia artista, ás veces mulleres anónimas, e ás veces mulleres rescatadas da historia, son pezas clave na construcción social. Na construcción da propia identidade para poder entender e transformar a identidade colectiva. Como nos percibimos, como nos perciben e como queremos ser percibidas.

A exposición arranca coa serie titulada SMGWAW (SM Global War Against Women) unhas pezas inspiradas pola escalada bélica iniciada en 2003 coa invasión de Irak. A sociedade encarnada nunha muller sadomasoquista sometida de tal xeito que se tortura a si mesma. Nesta obra mistúranse os horrores da guerras, as torturas de guantánamo e as mulleres sempre dobre víctimas polo feito de sufrir a guerra e de ser mulleres, expresadas con manchas e texturas case abstractas.

Do global ao local e ao íntimo. Do corpo cuberto dos burcas e das uniformes dos presos de Guantánamo, aos corpos espidos. A seguinte serie explora a respresentación da propia artista, espida. Unha autorrepresentación dos nosos corpos, os nosos campos de batalla, onde se encarnan as opresións, nesa pregunta sen responder que é ser unha muller, o cuestionamento do xénero e tamén da definición bioloxicista. Como nos construimos e como chegamos a ser.

Como nos representan e como nos vemos. Dous exemplos son estas personaxes femeninas do mundo do cine.

A representación e a encarnación de valores nas mulleres estivo sempre presente na historia. Valores as veces inventados e usados tamén coma opresión, a muller devota, a muller coidadora, a muller sumisa. a virxe, a impura. “Santa Paganía” é unha serie que se apropia do imaxinario da Semana Santa para darlle a volta e empoderar as personaxes femeninas representadas. Muller trans que renace. O viacrucis do fogar que nos volve deusas, o a rebeldía que nos convirte en Santas.

As mulleres como protagonistas das nosas relixións, das nosas paixóns, e tamén das loitas que nos atravesan. En 2011 as mulleres saíron ás rúas en Cairo, O compañeiro Leil, activista queer transfeminista, recopilou una serie de fotografías destas mulleres. Elas estaban mudando o contexto histórico como os grandes heroes retratados da historia, elas son as nosas heroínas, a “Bravas en loita”. A primavera árabe estendeuse por moitas ciudades, e moitas mulleres tomaron as rúas. Guerrilleiras urbanas de alá e de aquí.

As mulleres son protagonistas da actualidade, como o foron na historia, a serie Maisquepublicanas rescata da memoria as mulleres que loitaron durante a república, mulleres coñecidas e públicas, pero tamén mulleres anónimas.

Esta exposición permanecerá aberta durante o mes de marzo. Poderase visitar os sábados e domingos de marzo de 12:00 a 14:00 horas. Visitas guiadas: 610997743.

martapaz.net

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s