Foto de portada: acción das Comadres Cigarreiras o Xoves de Comadres de 2022
Co seguinte texto convidáronnos dende “Unímonos ou afundimos” a asinar e acompañalas nesta campaña para mudar o nome do “Teatro Colón” por “Teatro María Casares”:
“Hai unha historia que se conta na Coruña e que pasa de xeración en xeración: Cando Curros Enríquez veu a Coruña a refuxiarse dos que o acusaban inxustamente caeu enfermo. A xente da Coruña encheu de palla a rúa onde vivía para que os carros non fixesen ruido e molestasen o seu descanso.
A Coruña sempre respectou aos seus e ás súas artistas, sempre as quixo.
E entre todos e todas elas destaca María Casares. A gran actriz marchou moi nova da súa cidade. Pero sempre a levou no seu corazón. Sempre falou dela. Mesmo nas súas imprescindibles memorias “Residente Privilexiada”

Este ano conmemorase o centenario no nacemento da gran María Casares. Cremos que é o momento de que o maior teatro de Cidade, o actualmente chamado Teatro Colón, teña o seu nome.
Poderíamos estar falando horas sobre os méritos desta gran actriz, unha das máis importantes actrices europeas do século XX, sobre a súa vida de compromiso coa Cultura, coa Igualdade, coa Liberdade, mesmo colaborou coa Resistencia Francesa contra os nazis. Calquera cidade do mundo non dubidaría en poñerlle o nome desta gran actriz, desta gran muller, ao seu teatro máis grande.

É o seu centenario, é o momento.
Porque A Coruña quere aos seus e ás súas artistas, sempre as quixo. Porque é de xustiza. María Casares ten que ter un teatro, un gran teatro co seu nome na súa cidade.“
Súmámonos a esta proposta promovida por “Unímonos ou afundimos” acompañadas de :
- Academia Galega do Audiovisual
- Asociación Sindical Galega de guionistas (AGAG)
- As Comadres Cigarreiras
- Asociación Cultural AÏS
- Asociación cultural Alexandre Bóveda
- Asociación cultural O Facho
- Asociación de Amigos dos Museos de Galicia
- Asociación de Actores e Actrices de Galicia
- Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA)
- Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG)
- Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)
- Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural
- Asociación Galega Músicas ao Vivo
- Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica (CRMH)
- Asociación Proxecto Máscaras
- Ateneo Republicano
- Comparsa Os Maracos
- Fundación LUZES
- Fundación Uxío Novoneyra
- Maquinaria Pesada
- Nomepisesofreghao
- O Novo Normal A Coruña
- Sección Galicia da Sociedade Española de Estudos Clásicos