Manifestación nacional en Compostela 9M Polos nosos dereitos sexuais e reproductivos!!

Este ano axuntamos as forzas dos feminismos galegos para enfrontarnos ao último gran atque do PP aos dereitos das mulleres.

ManiCompos09032014

A proposta de reforma da lei do aborto, é, se cadra, un dos ataques mais fortes aos nosos dereitos, tamén polo que simboliza históricamente o dereito a decidir sobre os nosos corpos e a nosa maternidade.

Por todo isto, convocamos á cidadanía galega e acudir á manifestación o vindeiro 9 de marzo.

Levamos todos estes meses traballando para conseguer mobilizar á sociedade ao respeito e agardamos que o 9 de marzo a resposta sexa masiva, sexa ruidosa, sexa rebelde e sobre todo que tixa de lilá as rúas e as conciencias.

Ao peche da manifestación, teremos festa porque… Non queremos unha revolución na que non se poda bailar 😉

Xa confirmaron a súa participación:

Artistas: Mercedes Peón, Uxía Senlle, Sés, As Boubas
Poetas: Susana Aríns, Verónica Martínez
Presentadoras: Comba Campoi, Mónica Camaño

Pase o qeu apse o día 9 non imos parar, esta manifestación tennos que inxectar forza para seguer pelexando para que as mulleres podamos decidir.

Deixe um comentário