Obrigadas aos feminismos galegos

Este domingo 9 de marzo tivo lugar en Compostela unha nova manifestación nacional, unitaria, dos feminismos galegos. Como é de supoñer centrouse na reivindicación do dereito ao aborto. Os obxectivos eran encher a quintana dunha maré lilá, facer unha mani potente, xuntarnos as feministas de todas as tendencias do país fronte aos ataques que os gobernos do PP están a facer aos nosos dereitos.

Flickr Galiza Contrainfo

Podedes ver nas imaxes que había de todo, mulleres de organizacións e partidos, mulleres e colectivos autónomos, homes identificados coa loita… mais fomos quen de conseguir estar xuntas e xuntos e facer algo potente, unha vez mais os feminismos dan unha leccion e demostran que malia todas as diferenzas que podemos ter, somos quen de xuntarnos cando a ocasión así o require.

A experiencia de Nomepisesofreghao, colectivo autónomo e deslabazado onde os haxa, no traballo con mulleres organizadas en partidos e organizacións clásicas, así como con mulleres autónomas ou académicas, ou desas que supostamente están fora dos movementos sociais ou mesmo do feminismo, non deixa de ser claramente enriquecedora. Cando se traballa desde o feminismo se respeta por riba de todo a eleción de todas e cada unha de nós a pertencer ou non a organizacións, espazos, ou ser mais punki que ninguén, xa que o que importa é traballar no común. Esto non significa que traballemos en espazos separados e estancos e que só busquemos unha zona común delimitada, tamén supon empaparse e aprender das outras e dos motivos que nos manteñen a cada unha nos nosos espazos, así hai mullerazas nos partidos que aportan disciplina militante a quen non a temos e que ás veces vale para conseguer levar a cabo determinadas accións. Outras mais punkis non paran de lanzar ideas de novas accións, outras nos lembran as loitas de hai décadas que algunhas descoñecen… ao fin, e sen ánimo de captarnos unhas ás outras, nos enriquecemos e seguimos nos nosos espazos manténdonos firmes nos nosos principios.

Por todo esto non temos mais que palabras de agradecemento ás compas de toda a gama cromática de lilá, por esforzarnos en non reproducir o que as organizacións clásicas coa súa forte carga de estructura patriarcal fan, que ao final é medir quen a ten mais longa, que faixa ou bandeira se ve mais.

Ainda temos moito que aprender, e non imos negar que, na mani do domingo, había demasiada identidade de organizacións e partidos herdeiros do patriarcado, e contra iso tamén temos que loitar desde a autonomía, e non por traballar xuntas imos abandonar as nosas críticas a tales estructuras, pero ímolo facer ao noso xeito, porque nós non temos pirolas que medir, e, se as temos, non as imos sacar para comparalas, usarémolas para o pracer.

E para rematar, quedamos co final da mani na Quintana onde Sés, Merce Peón e Uxía Senlle se marcaron un temiña co que berramos todas xuntas que “Na nosa cona non manda a Conferencia Episcopal”

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s