Obradoiros Tecnolóxicos Libres para corpos Libres!

Como todas sabedes o manexo da tecnoloxía é unha ferramenta indiscutible de empoderamento. Desde Nomepisesofreghao o uso da tecnoloxía está a ser unha das liñas prioritarias de traballo na Gz, coa nosa participación como nodo local no proxecto Generatech temos a posibilidade de facelo en rede non só con compas do país, senón tamén do estado. Evidentemente a nosa aposta pasa por comprender que si a tecnoloxía nos empodera, as ferramentas libres nos liberan, por iso queremos seguir espallando a idea do uso do software libre.
Até o de agora estivemos facendo obradoiros monográficos iniciación a ubuntu, deseño vectorial con Inkscape, retoque fotográfico con GIMP… tamén, coa visita das compas de Generatech aprendimos nocións básicas de edición de vídeo, stream, DelVj… ábrese entón para nós unha nova etapa, xa temos un pequeno mostrario de diferentes ferramentas, quedan moitas por coñecer… pero estamos nese punto de inflexión no que xa están abertas as portas para migrarnos ao traballo en software libre e agora hai qeu seguir o camiño do empoderamento e a liberdade, estas ferramentas nos valen para a nosa vida diaria, pero nos queremos que tamén sirvan para apoiar a loita da liberación do xénero, somos activistas, en maior ou menor medida queremos manter a politización do xénero e que aprendamos e usemos as ferramentas para traballar nese ámbito, polo tanto a proposta para esta nova etapa é:
1.- retomar os obradoiros, mudamos aos luns, de 19:00 a 21:30h
2.- reconfigurar o formato: xuntarnos para fedellar, cada quen que veña coas súas inquedanzas e nos imos organizando de xeito que non teña que haber unha mestra e unhas alumnas, unhas veñen a instalar, outras a deseñar… e todas a compartir coñecemento
3.- incorporar novos corpos, nos dan igual os xenitais, se teñen ideas de traballar o xénero
4.- producir material: desde cartaces para actividades dos colectivos, a edición de video con material de activismo feminista, creacións de loops para pinchar con visuais…
5.- respectar os ritmos: cada quen atópase no seu punto con respecto ao xénero e o uso das ferramentas, da igual, respectemos iso e aprenderemos mais a mellor, todas demandamos coñecemento e todas podemos ofrecelo nun momento dado…

Unha vez mais vos convidamos a vir a fedellar con nós, se queres instalar, ou resolver dúbidas sobre o uso do teu novo sistema operativo, ou queres aprender a usar algunha ferramenta… vémonos no Atreu, o luns 31 de maio, ás 19:00h

Anúncios

Femini(fe)sta antixacobea na Coru. 1º maio, ás 22:00h, na Nena Pepita.

Femini(fe)staaaaa!!!
Este sábado, 1º de maio, ás 22:00h. festa na Nena Pepita para presentar a campaña da Rede Feminsta GZ:
“A Igreja contra as mulheres, as mulheres contra a igreja”
ademais, nuha data tan sinalada, despediremos a 2ª visita deste ano das Generatech (voltarán pronto!!).

Haberá sorteo dun Kit Activista Feminista (para o que temos rifas as Nomepises e na Nena Pepita) presentaremos produccións do traballado en Xeneratech GZ, producións tamén das accións da Rede durante este ano, xogos, licor café, VJs…

Non podes faltar!!

Aquí deixamos o cartaz da Festa e o manifesto, difundide e asistide!!!

A IGREJA CONTRA AS MULHERES, AS MULHERES CONTRA A IGREJA

A Igreja como instituiçom que é um instrumento fundamental de submetimento feminino empregando para este fim as chaves simbólicas das que o patriarcado se serve como estrategia de domínio.

Na sexualidade:

A doutrina sexual do catolicismo caracteriza-se por cingir a sexualidade ao mero acompanhamento da actividade reprodutiva, considerando toda actividade sexual fora do matrimónio como pecaminosa. Assim nem a masturbaçom, nem o lesbianismo, homossexualidade e bissexualidade, nem a prática heterossexual fora da relaçom matrimonial, por destacar algumhas das práticas sexuais mais comuns, som consideradas correctas para a moral católica.

Na família:

Consolidárom o contrato matrimonial convertendo a mulher na “ama de casa” que esta obrigada a manter a unidade familiar, assim todas as mulheres seremos filhas-maes-esposas-coidadoras, situaçom onde a opressom e exploraçom patriarcal se confunde com o amor e com o afecto.
O matrimónio heterossexual e indivisível cuja finalidade principal é a de trazer filhas e filhos a este mundo. A fidelidade e exclusividade sexual converte-se em umha outra obriga, mais férrea para as mulheres que para homens.

No ensino:

O machismo é umha matéria mais do curriculum educativo, mas sabe ocultar-se mui bem nos desenhos e enunciados sexistas dos livros de texto, nas liçons dessa história sem mulheres, nos contos de heróis machos e de princesas débeis… porém é na matéria de Religiom Católica onde o machismo tem o seu pilar.

Na vida laboral:

A Igreja olha como ataque frontal à religiom e à moralidade que a mulher entre no trabalho remunerado, há que reclui-la no lar para realizar tarefas próprias do seu sexo, as “suas labores”. Consolida a visom de mulher-esposa, mulher-mae ou mulher-irmá de…umha figura sempre dominada por um varom.

Todos os valores inculcados pola religiom: submissom, passividade, aceitaçom das ordens, etc, etc, suponhem umha impagável formaçom como mau de obra barata e submissa.

Generatech-2010·nODO VIGO & cORUNHA

gENEARETCgZ ::::::::::: pRESENTA
*o marabilhoso e fascinante mundo de video em GNU/linux!
nesta ediçom: video em tempo real*

* especialmente interesante (todo, mais..) a presencia de caedes, desenvolvedor do programa de vídeo en tempo real Delvj, un software baseado en puredata cunha interface gráfica que permite o emprego de obxectos, efectos, 3D, e moitas outras cuestións sen necesidade de programar, en poucas palabras aproveitarse das marabillas do puredata sen ter que pelexar coa programación

*por outra banda a presencia de Minipimer, unha revolucionaria equipa de telestream que aproveita todos as posibilidades do vídeo en directo para facer a tele por internet máis atrevida.

* por último o espazo Generatech como experiencia tecnolóxica vinculada a todas as problemáticas de xénero, subvertendo os roles e mudando unha realidade cada vez máis desxenerada.

simplemente non podes faltar!!

—– pRoGRamAción——

*nODO vIGO* do luns 26 de abril ao mércores 28 de abril, Cova dos Ratos

:::Luns__26
_17.30 presentación das Xorandas en vIGO
el maravilloso y fascinante mundo de video en GNU/linux
_18.00 Análise das Plataformas audiovisuais

Análise crítico das plataformas audiovisuais, xestores de contido multimedia, canais de tv, servidores… falaremos sobre as tecnoloxías que utilizan, as súas licencias e políticas de privacidade. Debatiremos sobre a importancia de ter autonomía tecnolóxica, de poder almacenar e xestionar a propia información e da liberación de contidos frente ás novas politicas en temas dixitais
_19.00 plataforma audiovisual generaTech __ una propuesta
_ 20:00 sexismo na tecnocultura.

:::Martes__27
_17:30 formatos y codecs vídeo
¿cómo debo encodear mis vídeos, mis loops?
¿qué formato elijo?
todo lo que siempre quisiste saber y nunca te atreviste apreguntar!!

_18:30 – 21:00 Obradoiro de Video (parte 1)
metodología: creación de loops (importar un archivo
cortarlo y pegarlo, luego exportar) a través de interoperatibilidad de programas. pasos simples, piezas pequeñas que nos ayude a entender el programa: importar con kino + encodeos con kino y ffmpeg + edicion en kdenlive.

:::Mércores__28
_17.00 Presentacion delvj, cultura videosessions.
_18:00 Obradoio de delvj, traballando cos loops e misturando con 3D en tempo real
_21.00 sesión videoArteLibre
pase de videos, experimentación, laboratorio e intercambio de archivos.

*nODO cORUNHA* do xoves 29 de abril ao sábado 1 de Maio, CS Atreu!

:::Xoves__29 abril
_18.00 presentación das Xorandas na cORUNHA
el maravilloso y fascinante mundo de video en GNU/linux
_18:30 formatos y codecs vídeo
¿cómo debo encodear mis vídeos, mis loops?
¿qué formato elijo?
todo lo que siempre quisiste saber y nunca te atreviste apreguntar!!

_18:45 -21:00 Obradoiro de Video (parte 1)
metodología: creación de loops (importar un archivo
cortarlo y pegarlo, luego exportar) a través de interoperatibilidad de programas. pasos simples, piezas pequeñas que nos ayude a entender el programa: importar con kino + encodeos con kino y ffmpeg + edicion en kdenlive.

:::Vernes__30 abril
_18.00 Presentacion delvj, cultura videosessions.
_19:00 Obradoio de delvj, traballando cos loops e misturando con 3D en tempo real
_21.00 sesión videoArteLibre
pase de videos, experimentación, laboratorio e intercambio de archivos.

:::Sabado__1Maio
_12:00 Obradoiro de Video (parte 2)
metodología: creación de loops (importar un archivo
cortarlo
y pegarlo, luego exportar) a través de interoperatibilidad de
programas. pasos simples, piezas pequeñas que nos ayude a entender el
programa: importar con kino + encodeos con kino y ffmpeg + edicion en kdenlive.

_17.00 Tele_stream
Montemos unha tele!!!
¿que es stream? ¿para que?
giss + tss + dmmdb

_21:00 Na pepita festa presentación Rede Feminista Galega coa capaña contra a Igrexa (antiXacobeo2010)
+ sesión de vídeo BlasFem >:)

Obradoiro de deseño para mulleres e lesbianas

Obradoiro de deseño con Inkscape (ferramentas libres para mulleres libres)

Seguindo cos obradoiros de achegamento ao software libre e dentro do programa Xeneratech , este martes 30 de marzo, ás 19:00h, no CS Atreu!
teremos sesión de deseño vectorial con Inkscape.
Ademais continuamos solucionando calquera dúbida que teñades coa vosa instalación de Ubuntu.

2ª XornADA de GNU/Linux para mulheres e lesbianas!!!

Máquinas, mulheres, software libre, risas, emocións e Ubuntus… para
todas!!
Vamos a seguir coas instalación, configuración, arranxaremos os
problemas xurdidos a semana pasada, explicaremos un pouco o entorno de
escritorio, e aprenderemos un pouquinho de sementeira.org para traballar
en rede,
vide!!

Este martes dia 2 de Marzo no CsAtreu: t/ San Xosé, 2, Monte Alto
Xeneratech Nodo Corunha,