Romaría Lilá en Vigo 15 de xuño, imos xuntas desde a Coru!!

O vindeiro 15 de xuño, domingo, a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto vai celebrar un ano de accións de rúa cunha xornada de festa e reivindicación feminista.

Chámase Romaría Lilá e consistirá nunha Manifestación que partirá da estación de trens de Guixar ás 12:00, logo unha asamblea. ao rematar Xantaremos todas xuntas do que levemos cada quen ou dos postos que alí se montarán, para os postres teremos actuacións de mullerasas bravas ate ás 18:00h.

CartazromariaLila15X

Desde A Coruña a Plataforma Local montou un bus para podermos baixar todas xuntas, tedes a info e podedes apuntarvos neste formulario, sae por 10€ ida e volta.

Anúncios

Se tocan a Pepita tócannos a todas!

Pepita

A compañeira Pepita ven de receber unha citación da Secretaría do Xulgado nº 5 da cidade da Coruña pola imputación por parte da Audiencia Nacional, para o próximo 10 de xuño ás 10.30h polo presunto delito de “enaltecemento do terrorismo”. Baseánse na interpretación feita por un pseudoperiodista dunha conversa que tivo con ela e o seu fillo, Suso Cela, e que se publicou no xornal El Mundo o 7 de xullo do 2013.

Continuar a ler

gENERAtECH.tar.gz HOXE: Plantillas, Sayak Valencia e Submergentes (arte e mulleres en red)

(nota: cancelada a presentación de lorea)

CS Atreu : tr/ Sam José, 2 baixo

18:00-Talher stencils by David– imaginário livre nas rúas!

Trae os teus deseño e fagamos berros de guerra para decorar as rúas,
contaremos cunha axuda de luxo
http://www.flickr.com/photos/graphikut/

20:30-Netexperiencias e teclado desgenerado!
Mesa-presentaçom trabalho e projectos:

Capitalismo Gore. A través deste libro, a autora, traza unha taxonomía para enunciar o devandito fenómeno, tomando como exemplo ao narcotráfico en México e os seus actores e contrapóndoo a espazos de resistencia e axenciamiento non distópicos como: o transfeminismo/os feminismos, os movementos de disidencias sexuais e os devires minoritarios quen nos mostraron, historicamente, a súa capacidade para crear suxeitos que non se emparenten coa violencia, nin como vítimas nin como executores dela.

O exercicio da violencia física, simbólica e medial é unha transversal que vertebra a forma de entender o mundo contemporáneo. O uso da violencia como práctica/ ferramenta mercantilizábel crea unha subcultura que crece globalmente a través das lóxicas do progreso neoliberalista e a promesa do enriquecemento rápido. Así, existe unha alta posibilidade de que o Primeiro Mundo e o seu Estado de Benestar se tercermundicen, dada a precarización económica e a irrupción das lóxicas do Capitalismo Gore que fan da violencia unha forma de necroempoderamiento. Por iso, é urxente a creación dunha cartografía filosófico-feminista para reflexionar e enunciar o fenómeno do Capitalismo Gore. A través deste libro, a autora, traza unha taxonomía para enunciar o devandito fenómeno, tomando como exemplo ao narcotráfico en México e os seus actores e contrapóndoo a espazos de resistencia e axenciamiento non distópicos como: o transfeminismo/os feminismos, os movementos de disidencias sexuais e os devires minoritarios quen nos mostraron, historicamente, a súa capacidade para crear suxeitos que non se emparenten coa violencia, nin como vítimas nin como executores dela.

Sayak Valencia Triana (Tijuana, Mx, 1980).

Submergentes é un espazo web sobre Arte, creado e coordinado por Ramona Rodríguez e Mercè Galán en 2006. Traballamos en cinco liñas de actuación: PARTICIPACIÓN- DIFUSIÓN- PROMOCIÓN- INVESTIGACIÓN E FORMACIÓN no campo da arte.
Até o momento Submergentes é un crisol de experimentación en distintos sentidos. Non só utilizamos os medios audiovisuais e programas informáticos libres e propietarios, tamén tivemos que penetrarnos na programación con SPIP e JOOMLA, para adecuar e actualizar a plataforma web.
A participación está aberta a calquera persoa que queira achegar o seu coñecemento en arte, tecnoloxía, crítica da arte, vídeo, performance, vídeo-danza, etc. Até o momento a participación foi escasa e esporádica, é o que máis botamos en falta e é motivo de investigación.
Submergentes non ten subvención de ningún tipo. Nos autofinanciamos nós mesmas, e é por iso que nos é dificil remunerar economicamente aos nosos colaboradores. Por outra banda non queremos que haxa publicidade na web para que non moleste ao usuario que navega por ela. No entanto, si aceptariamos espónsors relacionados coa arte e estean interesados no noso proxecto, co fin de cubrir eses gastos.
En canto á Investigación, temos un proxecto en marcha titulado “Mirada Inmersiva” que será exposto no Congreso Internacional Muller, Arte e Tecnoloxía (CIMUAT) na Universidade Politécnica de Valencia, 2010. Este proxecto está relacionado con nosa outra faceta de formadoras e docentes, para o que creamos con este fín un Media-lab de E-learning.
Desde aquí convidámosvos á participación e á colaboración, pois pensamos que no campo da arte a unión fai a forza. E se os vosos proxectos artísticos están relacionados coa tecnoloxía e queredes promocionalos desde a nosa web, contactade connosco para que os incluamos.

+ Stream desde Linz – Austria: Reni Hofmueller http://renitentia.mur.at/

É artista, música, compositora e performer con base en Graz, Austria. Organizadora e activista nos espazos da utilización dos (novos) medios, a tecnoloxía e a política; tamén se dedica a promover a arte contemporánea.

Comunicado de denuncia do machismo en Donosti

Colamos a continuación o comunicado tras unha agresión sufrida por unha muller en Donosti, Nomepisesofreghao ofrece todas as súa ferramentas para visibilizar estes incidentes, así como mobilizacións e respostas antes esta expresión do machismo mais habitual:

Os colectivos e persoas integrantes da Transmarikabollo Koordinadora Feminista denunciamos a violencia sexista nos espazos públicos e a alta tolerancia social e institucional que seguimos comprobando día a día nos lugares de lecer de Donostia.

Denunciamos o último feito de violencia machista ocorrida en Donostia, madrugada do 22 de xullo de 2010, cara á 1:30.

Donostia, madrugada do 22 de xullo do 2010, cara á 1:30 da madrugada.

Unha cuadrilla de mozos (catro rapazas e un rapaz) sae a tomar uns potes pola Parte Vella e decide terminar no bar Be-Bop. Mentres bailan, un tipo achégase a unha delas e apreíxalle do colo (esta é a forma de ligar que teñen moitos, sen respectar o consentimento de quen está enfronte). Entre dous apártano e el volve apreixar a outra delas. As amigas intentan apartarlle e el volve apreixar máis forte. Neste momento a moza apreixada polo colo tíralle a cervexa do vaso á cara para intentar soltarse do agresor, que, sen pensaro dúas veces, estoupa o vaso contra a fronte da moza sen chegar a soltala de todo e xéralle varios cortes por todo o rostro que sangran con abundancia.

Entón, un camareiro ven a sacar o agresor sen tratar en ningún momento de retelo para poder proceder á súa identificación. A moza agredida é atendida decontado polas súas amigas, sen que ningún traballador do bar se achegue en ningún momento para preocuparse pola súa integridade cando está sendo atendida, nun banco diante da porta do bar, primeiro pola DYA e logo pola Cruz Vermella, quen finalmente traslada a moza ao hospital.

A Policía Municipal e a Ertzaintza aparecen rifandose o asunto, deixandoo finalmente en mans da Policía Municipal, que unicamente pide a identificación da persoa agredida e unha descrición do agresor. Ante a información que dan os traballadores de DYA sobre un mozo coa man ensanguentada correndo cara á Zurriola, os axentes da Policía Municipal preguntan á moza que idade ten. Ata que non se presenta a policía ningún traballador do bar sae do establecemento.

Esta agresión é unha de tantas que xa ocorreron no Be-Bop e noutros bares máis veces. As mulleres somos constantemente intimidadas, babadas e ninguneadas nos espazos de lecer. Algúns cren que non defenderémosnos da súa chularía nin dos seus golpes e que as súas agresións van quedar impunes, porque contan coa condescendencia de quen traballan e frecuentan moitos dos bares de Donostia.

Por iso alzamos a voz e denunciamos publicamente e na rúa, que rexeitamos as agresións impunes que se acontecen dentro e fóra de casa, denunciamos a complicidade social fronte a estas, e denunciamos a neglixencia das institucións públicas para pór desemprego á violencia sexista.

Ningunha agresión sen resposta!!!

GORA BORROKA FEMINISTA!!!

Hoje mércores na casa-museo Casares Quiroga DEVIRES FEMINISTAS

DEVIRES FEMINISTAS
reflexóns e olhares após as jornadas feministas de Granada

Casa-Museo Casares Quiroga (r/Panadeiras 12)
Mércores, 16 de dezembro, 19h.
Organizam: Universidade Invisíbel e Maribolheras Precárias

Nestes momentos o feminismo está a experimentar novas transformaçons que já se intuiam na expectaçom causada polas recentes Jornadas Feministas de Granada, onde participarom perto de 4.000 mulheres. Especialmente importante foi a presença do TransFeminismo, que acaparou um 30% das ponéncias e palestras organizadas. Para comprendermos estas mudanças, e quais som as perspectivas actuais do movimento, contaremos coa presença dalgumhas activistas que participarom nessas jornadas, assim como mulheres de diveros colectivos feministas. A intençom é abrirmos um debate  para seguir construindo entre todas a luita feminista.

A irrupçom do TransFeminismo e outras políticas queer, o debate entorno a qual é o sujeito político de feminismo, o qüestionamento do binarismo de gênero ou as intersecçons entre gênero, raça e migraçom som alguns dos interrogantes abertos. Poderemos conhecer de primeira mao todas estas qüestons no debate-colóquio que terá lugar este mércores 16 na Casa Museo casares Quiroga. Para esse dia contamos coa presença de:

CAFÉS FEMINISTAS (IRENE)

MARCHA MUNDIAL DE MULHERES (MARIOLA)

MOVIMENTO LGBTQ (MAI)

MULHERES TRANGREDINDO

NOMEPISESOFREGHAO

TRANSGALIZA (LAURA)

Manifesto para a Insurreiçom Transfeminista apresentado em Granada:

http://galiza.indymedia.org/gz/2009/12/21767.shtml

Ademais podedes aproveitar para ver as exposións sobre a historia do feminismo na Galiza e Mirada en construcción sobre a inmigración femenina que rematan o 20 e o 18 de dezembro respectivamente.

Copenhaga, por um planeta, livre, justo, Comúm

Porque a violencia mediaombiental tamén é violencia de xénero, que nos afecta ás mulleres especialmente, sobre todo onde trallamos en condicións indignas, especialmente afectadas pola contaminación das maquilas que nos explotan nas fronteiras dos países do sul, porque esa violencia fai que soframos enfermidades consecuencia das emisións do grande capital, porque parimos criaturas enfermas que son vistas como man de obra barata para manter este sistema contaminante e contaminado Nomepisesofreghao adherímonos ao manifesto elaborado por varias compas galegas que van andar por Copenhaga:

O presente está em jogo. O futuro é incerto.
Entre o 7 e o 18 de dezembro terá lugar em Copenhaga (Dinamarca) a
Conferencia sobre o Cambio Climático auspiciada pola ONU e sustentada
globalmente no paradigma do “capitalismo verde”.
No plano mediático esta-se a simplificar a cimeira dentro do marco da
redefiniçom das emissons de CO2 a nivel global. Por desgraça, a agenda da
cimeira COP15 e a realidade do planeta é muito máis complexa. Complexa
pois atopámo-nos no tempo objetivo da crise económica e financieira e
semelha que, com a governanza climática do planeta em jogo, grandes
reajustes podem vir dados em Copenhaga desde xs poderosxs da terra para
perpetuar um sistema produtivo, um modelo de consumo e umha estructura de
dominio que nos tem levado a caminhar no umbral da modificaçom radical do
mundo e da natureza até agora conhecidos.

Umha Crise, a que atravesamos, que estoupa no intre precisso onde o perigo
climático empeça a ser evidente, relevante, e inexoravelmente permanente.
Nos últimos decenios a obsessom polo crecemento do capital viu aparelhado
dum injustificavel aumento do expolio do planeta, dos seus recursos
finitos. Uns recursos que formam parte do “procomúm”, do bem comum da
humanidade e que hoje seguem a ser gestionados e devorados por actores
complementarios: o mundo occidental -do que formamos queiramos ou nom,
activa parte-, os paises em crescemento, ou as empresas transnacionais
conectadas ja como organismos parásitarios que afogam sem dilaçom um
hóspede planetario chamado Terra.
Actores visiveis e invisiveis que, diseminados de forma capilar pola
geografía humana e o territorio global, formam um continuum inserto
direitamente no plano do sistema-mundo capitalista.

Entendemos que no marco da Conferencia do COP 15 em Copenhaga desenhara-se
o modelo que o capitalismo aplicará nos próximos e aínda decisivos anos
ante esta evidente crise ecologica. Desde arriba, desde o poder, os
debates previos nom deixam lugar a dúvidas: aqueles que governam o planeta
nom entendem de justiça climática e estám dispostos a governar um mundo
cada vez máis insostivel e desigual.

Desde abaixo, as pessoas e os movimentos sociais abaixo e a esquerda
tomamos a palavra. Organizando grandes movilizaçons com centro em
Copenhaga pero que também se extenderám de forma vírica a nível global.
Fazendo propostas concretas por um mundo diverso em clave de alternativa
aquí e agora ao modelo neoliberal.

Fronte ao cenario do espectáculo das grandes cimeiras, desde os movimentos
nom so plantejamos grandes protestos. Plantejamos a autonomía e a
independência de povos e comunidades organizados em chave de geraçom de
recursos proprios que destruem o ciclo de dependenças do capitalismo
actual. Plantejamos também o conceito de justiça climática aparelhado a
autogestom dos territorios. Plantejamos, final e definitivamente um hoje e
um manha realmente verde, lógico e coerente no que o decrecemento no
consumo e no modelo de produçom energetica, industrial e agraria actual
posibilite um futuro efectivo, real e digno para todas e todos.

Activistas, espaços, colectivos e redes de movimentos sociais da Galiza
estaremos nas rúas, aquí ou em Copenhaga defendendo um universo de luitas
para cambiar aquí e agora os nossos Mundos, o nosso Planeta, ao fim, a
nossa Terra.
…Mudemos o Sistema, nom o Clima!

adessons a stopcop15@fugaemrede.info