Romaría Lilá en Vigo 15 de xuño, imos xuntas desde a Coru!!

O vindeiro 15 de xuño, domingo, a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto vai celebrar un ano de accións de rúa cunha xornada de festa e reivindicación feminista. Chámase Romaría Lilá e consistirá nunha Manifestación que partirá da estación de trens de Guixar ás 12:00, logo unha asamblea. ao rematar Xantaremos todas xuntas do que… Continue lendo Romaría Lilá en Vigo 15 de xuño, imos xuntas desde a Coru!!

Viva Miss Travesti Corunha 2014 livre de violência e racismo.

Nomepisesofreghao asinamos e difundimos nas nosas redes o seguinte post proposto por Rubém Centeno Paradela, un dos patrocinadores do Miss Travesti Corunha 2014 descoñecendo que AGAI ía ser outra das entidades patrocinadoras. Desde Nomepisesofreghao a convocatoria desta festa non nos resultaba políticamente moi atractiva por diferentes motivos, pero ante o coñecemento do patrocinio de AGAI… Continue lendo Viva Miss Travesti Corunha 2014 livre de violência e racismo.

Se tocan a Pepita tócannos a todas!

A compañeira Pepita ven de receber unha citación da Secretaría do Xulgado nº 5 da cidade da Coruña pola imputación por parte da Audiencia Nacional, para o próximo 10 de xuño ás 10.30h polo presunto delito de “enaltecemento do terrorismo”. Baseánse na interpretación feita por un pseudoperiodista dunha conversa que tivo con ela e o… Continue lendo Se tocan a Pepita tócannos a todas!

Caderniño “A Fondo” do Sermos Galiza no #8M

Compartimos no noso blogue o caderniño A Fondo que o xornal Sermos Galiza publicou no número da semana do 8 de marzo deste ano. No caderniño podemos ler artigos das xornalistas Olalha Rodil e Beti Vázquez, que cordenaron este traballo no que tamén participaron compañeiras de diferentes colectivos feministas do país. Desde A Coruña Acçom… Continue lendo Caderniño “A Fondo” do Sermos Galiza no #8M

Orgullo Bukanero, Mach(irul)ismo en Riazor. O aborto importa?

O pasado 16 de febreiro en Riazor, no partido do Deportivo co Sporting de Xixón, a Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña levamos a cabo unha acción no estadio despregando unha faixa polo Aborto Libre e Gratuito e convocando á manifestación nacional que tería lugar o 9 de marzo en Compostela. A polémica saltou… Continue lendo Orgullo Bukanero, Mach(irul)ismo en Riazor. O aborto importa?

Obrigadas aos feminismos galegos

Este domingo 9 de marzo tivo lugar en Compostela unha nova manifestación nacional, unitaria, dos feminismos galegos. Como é de supoñer centrouse na reivindicación do dereito ao aborto. Os obxectivos eran encher a quintana dunha maré lilá, facer unha mani potente, xuntarnos as feministas de todas as tendencias do país fronte aos ataques que os… Continue lendo Obrigadas aos feminismos galegos

Manifestación nacional en Compostela 9M Polos nosos dereitos sexuais e reproductivos!!

Este ano axuntamos as forzas dos feminismos galegos para enfrontarnos ao último gran atque do PP aos dereitos das mulleres. A proposta de reforma da lei do aborto, é, se cadra, un dos ataques mais fortes aos nosos dereitos, tamén polo que simboliza históricamente o dereito a decidir sobre os nosos corpos e a nosa… Continue lendo Manifestación nacional en Compostela 9M Polos nosos dereitos sexuais e reproductivos!!

Nunca marchamos… pero voltamos!

Mudamos o noso blogue de plataforma, e comezamos unha nova andaina, as nomepisesofreghao nunca marchamos, pero tivemos esta parte un pouco abandoada, non por non ser importante, senon porque estivemos nas rúas, e atendendo ás nosas vidiñas, pero non podemos resistirnos a voltar á rede, a facer deste blogue a fiestra pola que entrar no… Continue lendo Nunca marchamos… pero voltamos!

Descosendo nas rebaixas, primeira acción da plataforma #BoikotInditex na Coruña

Hoxe, na Praza de Lugo da Coruña, a Plataforma #BoikotInditex, da que Nomepisesofreghao forma parte, realizou unha acción de presentación da súa campaña de Boikot ao grupo Inditex. http://www.youtube.com/watch?v=wrh-MNueAKQ Esta plataforma pretende visibilizar ante a cidadanía as prácticas abusivas que o grupo Inditex realiza a través non só do trato aos seus cadros de persoal… Continue lendo Descosendo nas rebaixas, primeira acción da plataforma #BoikotInditex na Coruña

Estrea na Coruña do Documental de Raquel Rei “Dez centímetros mais perto do ceo”

Para unhas é un instrumento de tortura, para outras millor xeito de seducción feminina. Diferentes ideas ante un mesmo obxecto, o que mostra que os zapatos de tacón son moito mais que simple calzado. Neste documental os tacóns convírtense na metáfora que convida a reflexionar sobre cómo é o mundo polo que caminamos. Este venres… Continue lendo Estrea na Coruña do Documental de Raquel Rei “Dez centímetros mais perto do ceo”