Pecha o CS Atreu!

Ante a comunicación do peche do CS Atreu o vindeiro mes de Abril, desde Nomepisesofreghao queremos mostrar todo o noso agarimo e respeto por todas as persoas que durante estes 9 anos fixeron posible a existencia da que foi a nosa casa, onde naceu o noso colectivo como un acto mais de empoderamento dentro dun espazo de creación e acción social.

O Atreu! foi un espazo con semente de rebeldía, onde naceron colectivos, accións, paixóns… onde non sempre desfrutamos, pero donde sempre loitamos, de moitos xeitos diferentes: liberando máquinas e corpos, rozándonos e partillando con xentes doutros lugares, currando, bebendo, comendo, bailando… Sen dúbida o Atreu! foi un referente na cidade durante a súa existencia e polo tanto, ante o seu peche, que deixa un certo poso de tristura, tamén queremos destacar que foi un viveiro de sementes que espallarán a súa forza creadora en novos espazos, polo que tamén miramos con ledicia como nacen mais aló das paredes a travesía de San Xosé, 2, onde deixamos a nosa pegada, unha mais no camiño…

Comunicado de peche do CS Atreu!

Depois de 9 anos de ativismo político e social, o Centro Social Atreu! fecha definitivamente as súas portas. Durante todo este tempo, o Atreu foi fogar de dúzias de iniciativas e colectivos, aportando a esta cidade um matiz de rebeldía radical e necessária. Um espaço atravessado por multitude de propostas ás que lhes deu abrigo, e que soubo, em ocassóns, romper a barreira da exclussividade com o fim de facerse plural e vissível para a povoaçóm.

O CS Atreu foi umha ferramenta que serviu de base e referente para os movementos sociais corunheses, e que agora desaparece deixando oco a novas possivilidades. O Atreu forma já parte da nossa historia recente, escrita de passeninho, de vagar, com o esforço de todas aquelas pessoas que tivemos o orgulho de chegar a formar parte do projecto ao que agora lhe damos final, sabendo que o remate dumha etapa nom é senom o comezo de outra.

Agradecemos a todas aquelas pessoas que tenham participado o seu interesse hacia este recuncho singular, o seu tempo e as súas súas energías, que permitirom manter vivo o espaço todos estes anos.

 

Camiñando cara o 8 de marzo… mulleres galegas en loita polos nosos dereitos

Nomepisesofreghao súmase aos actos convocados desde diferentes organizacións e colectivos feministas do país con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo). Este ano queremos marchar xuntas, porque especialmente estamos a sofrer as consecuencias do sistema que neste momento oprime con mais forza que nunca e nos fai retroceder en dereitos xa acadados.

O 11 de marzo haberá unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00h da estación de trens. De aquí alá levaránse a cabo diferentes actividades e accións nas comarcas por parte de aquelas persoas e colectivos que  queran ir facendo ese camiño conxunto de cara o 8 de marzo.

Aquí vos queda o vídeo da rolda de prensa anunciando e argumentando as mobilizacións que numerosos colectivos feministas de Galiza levarán a cabo con motivo do 8 de marzo de 2012:

Ademais podedes ver/descarregar os cartaces premendo nas imaxes:

    

Tamén podes aceder ao manifesto elaborado nas seguintes ligazóns:

Animámos a todas as persoas interesadas en facer este camiño con nós a que contacten para artellar accións conxuntas. Tamén vos convidamos a combinar o día 11 e irmonos todas xuntas no tren que nos leve a Compostela a manifestarnos polos nosos dereitos.

Palestra con Carlos Taibo: Da indignación ao contrapoder?

Da indignación ao contrapoder?

Palestra con Carlos Taibo
Xoves 22 de Decembro de 2011
20.00 horas
Galería Sargadelos, Rúa Real 56, A Coruña

::Ciclo de debates::
“Retomar o público, defender o común”

Convoca:
Rede Robin Hood
Rede de Dereitos Sociais
Nomepisesofreghao
Zoopolitik

Os movementos de indignación global percorren o planeta abrindo siginificativas fendas no sistema. Fendas que repolitizan a vida pública e abren espazos para a esperanza da rebeldía. Pero após meses de mobilizacións e protestos, o contexto histórico que nos atopamos non deixa momento algún para a paralise.

No plano da gobernanza e do poder político instucional, as violentas sacudidas da crise están sendo aproveitadas para lexitimar un auténtico golpe de estado planetario. As estructuras de xestión dos gobernos están a ser usurpadas por poderes económicos situados entre as grandes corporacións empresariais e as agencias de especulación financieira.

Atopamonos pois nun impás no que se torna preciso repensar as formas e os lugares desde os que novos suxeitos indignados e os movementos políticos de contestacion ao capitalismo poden artellar estratexias de conflicto desde as que esixir demandas de transformación social real.

Poren, é preciso de unha forma máis urxente ainda, abrir momentos para a discusión sobre como construir espazos propios onde poder satisfacer todas estas demandas de unha forma non subsidiaria das estructuras de poder, de xeito autónomo e liberado.

O desafío, non é sinxelo. Ante a destrucción do que é de todas e de todos, do público, ante a privatización de cada espazo de vida (educación, saúde, cultura, afectos..) é preciso asumir a necesidade de poñer en marcha entre todas experiencias colectivas non sóde defensa do público, senón de empoderamento do común.

Grazas Laure

O pasado venres tivemos a oportunidade de partillar con Laure Rodríguez Quiroga non só unha palestra, senon tamén momentos distendidos de debate e charla informal.

Laure é traballadora social, activista, investigadora do feminismo islámico contemporáneo, aportou coñecemento sobre a construción de roles de xénero a través dos medios, falamos tamén das diferentes interpretacións que se poden facer do Corán sobre as relacións homosexuais…

Aparte de todo esto partillamos outros momentos informais nos que falamos da vida, a de Laure a vida dunha muller adicada ao seu traballo e que trapasa os límites do persoal, como boa feminista, como boa compañeira, con moitas cousas en común e ao tempo unha gran distancia, a influencia da relixión, mas primou o compañeirismo feminista, porque cando se exerce desde dentro non hai relixión que rompa os nosos lazos.

Grazas Laure, até pronto!! Seguiremos colaborando e partillando!!

CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA. ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS

::::::::::Este Venres 16 de decembro::::::::::
::::::::::::::::::::Ás 20:00h.:::::::::::::::::::::::::::::
:::::::::::::Na Galería Sargadelos:::::::::::::::::

PALESTRA:
CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA
ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS
POR:
LAURE RODRÍGUEZ QUIROGA

Laure é activista e pensadora do Feminismo Islámico contemporáneo. Investigadora e Membro do Comité  Executivo do Instituto de Estudos Euromediterráneos da Universidade Complutense de Madrid. Actualmente preside a Unión de Mulleres Musulmás de España, sendo co-directora do Congreso Internacional de Feminismo Islámico. É Directora da Consultora Social e Intercultural Torre de Babel, sendo asesora en materia de xénero para diferentes entidades.

Con Laure poderemos comprender a construcción dos roles de xénero que se fai desde os medios e desde a perspectiva eurocentrista para así ter as claves para deconstruilos.

Organiza: Fugaemrede, Maribolheras Precárias e Nomepisesofreghao

Actos dos coletivos feministas na Corunha contra as violencias machistas

O xoves 24 de novembro os coletivos feministas da Corunha estaremos na praza de Lugo a partir das 16.30h. , con actividades varias, música, información sobre os recortes nos servizos públicos, recollida desinaturas  contra os recortes, charla sobre a autodefensa feminista, lectura do manifesto contra AS VIOLENCIAS MACHISTAS e moito mais!!!

achégate pola plaza de Lugo!!!

+ INFO

::A Rede Robin Hood organiza unha nova cazolada, que estará acompañada de acción feminista, actuacións musicais, charlas informativas…::

Cazolada contra os causantes da crise

Día: Venres 18, a partir das 20 horas Lugar: Praza da Fariña, A Coruña

Comezará ás oito da tarde na Praza da Fariña (no franquismo renomeada como Praza de Azcárraga) e ten como obxectivo denunciar os beneficios obtidos por entidades financeiras, multinacionais e empresarios e políticos, moitos deles residentes na cidade, a custa do empobrecemento, a crise e a precariedade da maioría A Coruña. 17 de novembro. Despois do éxito da cazolada organizada diante da vivenda de Xosé Luís Méndez hai unhas semanas, a Rede Robin Hood fai un chamamento aos cidadáns e cidadás galegas, así coma a colectivos e movementos sociais, para que participen nunha nova protesta popular contra os causantes da crise e contra o expolio dunhas caixas de aforros que eran de todos e todas. Achéganse as eleccións do domingo e Robin Hood aventúrase unha vez máis fóra das fragas para organizar unha mobilización contra un sistema inxusto e insostible e contra os seus principais beneficiarios: empresarios, políticos e financeiros con nome e apelidos, moitos deles residentes na Coruña e por todas coñecidos. Dende a primeira acción da Operación Robin Hood, centrada na denuncia da nefasta xestión realizada polos directivos das antigas caixas e das súas indemnizacións millonarias, asistimos a tentativas cínicas de xustificar estes pagos e mesmo ás promesas, aínda non cumpridas, de devolver unha parte dos cartos expoliados. Porén, a desaparición das caixas galegas é só un dos exemplos do roubo do público, do que é de todos, aos que asistimos. Políticos, medios de comunicación, entidades financeiras e grandes empresas sostéñense unhas ás outras, mentres se enriquecen a custa da explotación das traballadoras, aquí e no terceiro mundo. Por iso a Rede Robin Hood chama a protestar contra todos eles, con nomes e apelidos. Nesta ocasión o escenario é a Cidade Vella da Coruña, en concreto a Praza de Azcárraga, onde ás oito da tarde deste venres comezará unha concentración e cazolada de protesta, que estará acompañada en todo momento por actuacións musicais, intervencións que exporán de forma breve as problemáticas derivadas da bancarización… E haberá máis sopresas…

Vivamos como galegos e galegas, mobilicémonos tamén como tales!

Vídeo promocional da Operación Robin Hood

Máis información:

Vídeos da acción de protesta na vivenda de Xosé Luís Méndez

Vídeo Tingalaranga

Vídeo GalizaContrainfo

Operación Robin Hood en Facebook

Operación Robin Hood en Twitter