Descosendo nas rebaixas, primeira acción da plataforma #BoikotInditex na Coruña

Hoxe, na Praza de Lugo da Coruña, a Plataforma #BoikotInditex, da que Nomepisesofreghao forma parte, realizou unha acción de presentación da súa campaña de Boikot ao grupo Inditex.

Continuar a ler

Anúncios

Estrea na Coruña do Documental de Raquel Rei “Dez centímetros mais perto do ceo”

Para unhas é un instrumento de tortura, para outras millor xeito de seducción feminina. Diferentes ideas ante un mesmo obxecto, o que mostra que os zapatos de tacón son moito mais que simple calzado. Neste documental os tacóns convírtense na metáfora que convida a reflexionar sobre cómo é o mundo polo que caminamos.

Continuar a ler

Calendário feminista 2013 (As mulleres do téxtil). Por Lola Ferreiro.

Unha vez mais a compa Lola Ferreiro agasállanos co seu calendario feminista, este ano adicado ás traballadoras do téxtil, nós recibimos o agasallo encantadas, agardámolo xa cada ano desexosas de saber a quen llo adica e sempre acerta, ademais estamos doblemente agradecidas, xa que grazas ao calendario foi que coñecimos persoalmente a Lola e incluso nos embarcamos en proxectos xuntas. Partillamos con vos esta ferramenta preciosa para que penduredes nas vosas paredes e partilledes con todas as persoas que nos acompañan na loita. Obrigada un ano mais Lola!!

Ao final do texto tedes as ligazóns para as descargas dos calendarios en A3 e A4

Continuar a ler

Maisquepublicanas en Compostela

 

Queridas amigas:

Temos o pracer de convocarvos a unha nova cita para presentar en Compostela o proxecto Máisquepublicanas.

Este é un proxecto de investigación pintada sobre as mulleres durante a república malva, conta coa participación do colectivo feminista Nomepisesofreghao e Lola ferreiro na documentación e aos pinceis Marta Paz.

Este venres día 16 de Novembro estaremos a partir das 20:30 con Lola presentando na Libraría Lila (Rúa Travesa nº 7)

Despois, ás 21:30, continuaremos no bar As Dúas (Praza Oliveira) onde haberá petiscos amenizados pola música de Xosé Taboada e César Morán.

Non podes faltar!

Hidro Santa Cruz: cantas mulleres precisades violar para producir luz?

O municipio de Santa Cruz Barillas, situado ao nordés do departamento de Huehuetenango en Guatemala, sigue resistindo ao hostigamento e ao terrorismo de estado que se lle está a impor.
A empresa española Econer-Hidralia, que ten como principal benefactor a Luis Castro Valdivia (coñecido na Galiza como o “señor das minicentrais”, asociado con concesións de licencias ilícitas durante a era Fraga e con sentencias condenatorias do TSXG) instala en Guatemala no ano 2009 unha filial, Hidro Santa Cruz, baixo a presidencia de David Castro Valdivia, co obxectivo de instalar unha minicentral hidroeléctrica nunha corrente de auga que forma parte do territorio sagrado, na que se abastecen do vital líquido e pasan o seu tempo de lecer as poboadoras de 23 comunidades próximas, a pesares do rexeitamento explícito das comunidades expresado en varias ocasións a través de consultas comunitarias.

Dende entón, as comunidades mayas da zona viven nun estado de alerta e intimidación constante polas ameazas e crimes cometidos por axentes da seguridade privada da empresa, entre outros, a colocación de explosivos en lugares de paso entre as comunidades e o asasinato dun líder comunitario, Andrés Francisco Miguel, ademáis de ferir de gravidade a outros dous compañeiros.
A situación agrávase o pasado 1º de maio, cando o goberno militarista do xeneral Otto Pérez Molina, descaradamente aliado co capital transnacional declara un estado de sitio no municipio, ocupando 5 comunidades de Barillas con 500 efectivos militares e 400 policías. Oficialízase así a política de terror de estado como estratexia para implantar o medo e disolver a xusta e lexítima protesta social a través da criminalización das lideresas e líderes das comunidades. Unha situación que lembra tristemente os anos máis crueis da guerra en Guatemala.
O momento actual, despois do levantamento oficial do estado de sitio o 18 de maio, é preocupante pola criminalización que segue e a persecución de líderes e lideresas comunitarias vía o sistema formal de “xustiza”. Polo momento, hai 9 persoas encarceradas, das que pouco ou nada se sabe, con acusacións absurdas e infundadas como “desorde público”, “asociación delictiva” e “terrorismo”. Detrás das ordes de captura está a coñecida estratexia do estado de deslixitimar a loita dos pobos pola defensa dos seus territorios por medio da criminalización da protesta social e de provocar o terror como forma de paralizar a resistencia, en poucas palabras, de impor intereses alleos aos comunitarios por medio da represión armada.
Mentres tanto, os militares seguen nas comunidades atemorizando á poboación civil.
Mentres tanto, as mulleres en Barillas resisten tanto como saben, como tiveron que aprender pola súa historia de opresión. Para elas, a militarización pasa polos seus corpos. A presenza de uniformes nos seus territorios convértese nunha ameaza constante de violación sexual. As súas mensaxes contundentes, desvelan o vínculo histórico entre militarización, expropiación dos recursos naturais e violencia sexual, é dicir, que a invasión militar dos territorios comunais en beneficios de intereses neoliberais ven acompañada, sistematicamente, da expropiación dos corpos das mulleres.
Dende Galiza, un grupo de individualidades feministas/a rede feminista galega, posicionámonos en solidariedade coa loita das comunidades mayas de Barillas, en particular coa loita das mulleres que, asediadas pola deslixitimación, as ameazas, o acoso, a intimidación e a violencia sexual, seguen co firme propósito de poñer fin aos procesos históricos de abuso e expropiación da terra e dos seus corpos.

CONCENTRACCIÓN XOVES 30 NA PRAZA DE MARÍA PITA

BARILLAS SOMOS TODAS!!!

 

Liamola ben!!

O pasado domingo, 11 de marzo, colectivos e organizacións galegas xuntámonos para tomer as rúas de Compostela esixindo os dereitos das mulleres, deixando claro que estamos en loita e que así imos seguir.

A mani do domingo foi unha demostración histórica da fortaleza que ten o feminismo en Galiza, malia que moita xente quera non velo, cando nos artellamos en redes e deixamos de mirar a quen temos ao lado con desconfianza os resultados son bos. Miles de persoas de toda Galiza acudiron á cita, demostramos que temos ganas de pelexar e, sobre todo demostramos, que queremos facelo ao noso xeito, non nos valen as manifestacións litúrxicas, nós queremos loitar con forza, cor, raiba.

Da Coruña partimos un grupiño ben nutrido no tren, e chegamos a tempo para a partida da estación de Compostela, onde estaban agardando as compas, parecía que iamos ser uns centos, pero foi dar a curva da saída da estación e alía había, polo menos un par de miles!! a subida polo hórreo e a entrada na zona vella foi espectácular… deixa pasar!! deixapasar!! son feminista e o mundo vou mudar!! pegaba o sol e as rúas ateigadas de xente qeu se foi unindo até que na Quintana puidemos comprobar que efectivamente somos moitas e estamos dispostas a artellarnos… podedes ver fotiños no Flickr de rizlinha e no GZ Contrainfo, ademáis o compa Bocixa fixo este vídeo para Praza que demostra como temos compañeiros que loitan ao noso lado coas ferramentas que millor manexa cada quen, neste caso montando este traballo audiovisual como outros, nos que Boci sempre está.

O 8 de marzo celébrase o 11

Vídeo  realizado por nomepisesofreghao para a rede feminista galega. Como convocatoria para a manifestación nacional con motivo do 8 de marzo. Dia das mulleres en loita.

Con fotografías de rizlinha

Domingo 11 de Marzo ás 12h en Compostela. Desde a estación de tren.

A xente coruñenta imos ir no tren xuntas, sae ás 11:55, quedamos no hall da estación da Coruña ás 11:30 para sacar xuntas billetes de grupo e ir quecendo motores. Animádevos!!

TODAS A COMPOSTELA!!

 

Música de korean big skunk y Fuel For Riot