DENÚNCIA COLECTIVA À ORQUESTRA OLYMPUS


Desde Nomepisesofreghao sumámonos á denuncia colectiva dos valores homofobos, sexistas e racistas que representan os espectáculos protagonizados por esta orquestra polas festas da Galiza. As compas de Panteras Rosas GZ están a levar a cabo unha campaña polo que chamamos a persoas e colectivos a asinar a denúncia así como difundir esta información e permanecer atentas a posibles accións. A continuación colamos o texto a difundir.

De todas e todos é sabido os valores discriminatórios e principalmente sexistas que grande número de “afamadas” orquestras galegas reproduzem sobre os cenários nas verbenas e festas populares de toda a Galiza.

Os limites do tolerável, se é que a discriminaçom tem algum grau de tolerância, tenhem sido ultrapassados por umha das orquestras mais contratadas do momento, a orquestra Olympus.

Desde o ano passado, este grupo musical conta com um número em que um componente aparece travestido e outro membro do grupo pergunta: “ entom tu és maricom ou nom? a gente tem direito a saber se és maricom”. Isto entre outro tipo de brincadeiras homofóbicas e transfóbicas em que se denigra as mulheres, em especial as transexuais e os homens gays. Noutro momento da atuaçom: “que las solteras levantem las manos que voy a escoger”.

Este ano o racismo foi incluído no seu repertório, assim nas suas atuaçons podemos ver como se dirigem a um componente afro-cubano do grupo da seguinte maneira: “a ver negro, a ver se dás feito o final como o fai Manolo Escobar!”, “a ver negro, entendes o ‘ghalhegho’?” “mirade, um mulato cantando como um andaluz!”, chamando-lhe também “cola cao do caralho”.

O seu espetáculo musical nutre-se de valores e brincadeiras discriminatórios contra as mulheres, contra o coletivo homossexual e transexual e ultimamente também de carácter racista.

Isto é de umha gravidade ainda maior se pensarmos que som as festas populares, na maioria das vezes totalmente ou em grande parte pagadas com dinheiro público.

Nom podemos permitir que valores inumanos como estes sejam tidos como corretos e menos ainda como divertidos, que tenham cabimento nos nossos festejos. Menos ainda que as instituiçons públicas e ditas democráticas forneçam um lugar e paguem eventos como estes.

Os coletivos e pessoas que abaixo assinamos queremos fazer chegar a nossa mais profunda repulsa por este tipo de espetáculos que suponhem umha apologia da intolerância e os valores discriminatórios. Queremos exigir à orquestra Olympus em particular, e ao resto de orquestras galegas, a imediata reformulaçom dos seus espetáculos de maneira que erradiquem o sexismo, a homofobia, o racismo e qualquer valor discriminatório.

De nom obtermos umha resposta satisfatória continuaremos com o nosso protesto perante a justiça, assim como com as iniciativas sociais de denúncia que considerarmos oportunas.

ASSINA ESTA DENÚNCIA ENVIANDO-NOS UM E-MAIL A: panterasgz(at)gmail(pt)com

Podes fazer chegar a tua queixa individual à orquestra Olympus no seu email: info(at)orquestaolympus(pt)net



Anúncios

En repulsa ao caso da muller agredida en Monte Alto (e polas demais)

Unha vez mais unha muller é víctima do afán de posesión de quen fora a súa parella e pai das súas fillas. Esta veciña do bairro salvou a súa vida, mas sofriu graves feridas provocadas polo seu agresor directo, ademáis queremos denunciar tamén as agresións que reciben as mulleres por parte dos medios e do morbo que xeneran co tratamento que reciben este tipo de novas.
Para comezar, entre a escasa información que circulou onte, nada mais producirse a salvaxe agresión, un dos datos no que se insistiu foi que se trataba de persoas marroquinas. Mais tarde, en prensa, xa con mais datos insistíase no dato da nacionalidade. É  quizais un atenuante ou unha explicación do feito? aporta algún tipo de información que non sexa con intención de criminalizar culturalmente e esta xente?
Por outra banda é xeneralizado o pouco respeto que se da á intimidade das mulleres que sofren este tipo de agresións, facilitan as súas iniciais, dan indicacións do seu enderezo de residencia e aportan datos que van mais alá de información que precisamos e expoñen a estas mulleres á mirada pública, facilitan que as sinalemos co dedo. Neste caso a muller semella que vai salvar a vida, pero xa temos datos para podela recoñecer polo bairro, e ás súas fillas… non é eso victimizala ainda mais do que o seu agresor fixo xa?
Como veciñas do bairro queremos mostrar a nosa repulsa ante agresións deste tipo, neste caso cargadas ademais dun extra de violencia, se cabe, xa que houbo disparos polo medio, a plena luz do día, coas rapazas … indignante!
Vivimos e traballamos por un bairro integrador, no que queremos que toda a veciñanza sexa parte del, aporte diversidade e dignidade, no que traballamos por que as novas xeracións vivan nunha sociedade mais xusta e mais igualitaria, onde as persoas non sintan que se posúen unhas ás outras e sexan libres, libres para viver onde queran e podan, onde traballar, onde decidan libremente con quen viver e a quen amar e, sobre todo onde non sexan xulgadas polo seu xeito de vida porque este foi un bairro onde se loitou moito pola dignidade e queremos que así siga.

Nin unha agresión sen resposta!!

Hoxe: Conferencia Laura Bugalho. Mulher e inmigracion,

A responsable da oficina de inmigración da C.I.G. ofrece unha conferencia sobre “Muller e Inmigración”, coincidindo coa clausura da mostra “Muller sen máis” que desde o pasado 4 de marzo está na biblioteca municipal Sagrada Familia. Laura Bugallo traballa desde hai 16 anos en temas de inmigración dentro do sindicato nacionalista, e o seu labor é recoñecido amplamente entre toda a poboación inmigrante e colectivos sociais tanto en Galicia como no resto do Estado. A entrada ao acto é libre.