O pasado 16 de febreiro en Riazor, no partido do Deportivo co Sporting de Xixón, a Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña levamos a cabo unha acción no estadio despregando unha faixa polo Aborto Libre e Gratuito e convocando á manifestación nacional que tería lugar o 9 de marzo en Compostela. A polémica saltou… Continue lendo Orgullo Bukanero, Mach(irul)ismo en Riazor. O aborto importa?
Categoria: Direitos
Descosendo nas rebaixas, primeira acción da plataforma #BoikotInditex na Coruña
Hoxe, na Praza de Lugo da Coruña, a Plataforma #BoikotInditex, da que Nomepisesofreghao forma parte, realizou unha acción de presentación da súa campaña de Boikot ao grupo Inditex. http://www.youtube.com/watch?v=wrh-MNueAKQ Esta plataforma pretende visibilizar ante a cidadanía as prácticas abusivas que o grupo Inditex realiza a través non só do trato aos seus cadros de persoal… Continue lendo Descosendo nas rebaixas, primeira acción da plataforma #BoikotInditex na Coruña
Clausura da exposición “As históricas somos o máximo” de Marta Paz
Lugar: Galería Arte Imagen (Ramón y Cajal, 5-baixo. A Coruña) Data e hora: Xoves 13 de setembro de 2012 ás 20:00h Mesa sobre a importancia do papel das mulleres na República e a incidencia que este traballo tivo nos dereitos adquiridos en prol da igualdade. Participarán: Marta Paz: autora da exposición e membra do colectivo… Continue lendo Clausura da exposición “As históricas somos o máximo” de Marta Paz
Liamola ben!!
O pasado domingo, 11 de marzo, colectivos e organizacións galegas xuntámonos para tomer as rúas de Compostela esixindo os dereitos das mulleres, deixando claro que estamos en loita e que así imos seguir. A mani do domingo foi unha demostración histórica da fortaleza que ten o feminismo en Galiza, malia que moita xente quera non… Continue lendo Liamola ben!!
Camiñando cara o 8 de marzo… mulleres galegas en loita polos nosos dereitos
Nomepisesofreghao súmase aos actos convocados desde diferentes organizacións e colectivos feministas do país con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo). Este ano queremos marchar xuntas, porque especialmente estamos a sofrer as consecuencias do sistema que neste momento oprime con mais forza que nunca e nos fai retroceder en dereitos xa acadados. O… Continue lendo Camiñando cara o 8 de marzo… mulleres galegas en loita polos nosos dereitos
Torre de Hércules SOS
O 15 de xaneiro pechou a Torre de Hércules para unhas supostas obras que non son mais que arranxar unhas pingueiras e amañar os baños, con ese argumento botan ás 13 persoas que conforman o cadro de persoal sen subrogación dos seus contratos ante a nova empresa concesionaria. As supostas obras manterán a Torre pechada… Continue lendo Torre de Hércules SOS
Ciclo de debates: “Retomar o público, defender o común”
A partir do 26 de xaneiro e durante todo febreiro poderemos asistir a diferentes debates sobre dereitos sociais, políticos e económicos que terán lugar na Coruña, en diferentes espazos, todos ás 20:00h: dereitos e lingua 26 de xaneiro con Celso Alvarez Cáccamono CS Gomes Gaioso dereitos e educación 1 de febreiro con Mariló Candedo no CS… Continue lendo Ciclo de debates: “Retomar o público, defender o común”
Calendario 2012 das labregas, redeiras e mariscadoras galegas (por Lola Ferreiro)
A compa Lola Ferreiro partillou con nós o calendario de 2012 adicado ás mulleres labregas, redeiras e mariscadoras galegas. Podedes descarregalo para imprimir nas ligazóns que aparecen ao final do artigo: "As mulleres, silenciadas pola historia en todas e cada unha das súas actividades, méritos e saberes, desde os seus logros persoais, sociais, artísticos, políticos...… Continue lendo Calendario 2012 das labregas, redeiras e mariscadoras galegas (por Lola Ferreiro)
CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA. ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS
::::::::::Este Venres 16 de decembro:::::::::: ::::::::::::::::::::Ás 20:00h.::::::::::::::::::::::::::::: :::::::::::::Na Galería Sargadelos::::::::::::::::: PALESTRA: CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOSPOR: LAURE RODRÍGUEZ QUIROGA Laure é activista e pensadora do Feminismo Islámico contemporáneo. Investigadora e Membro do Comité Executivo do Instituto de Estudos Euromediterráneos da Universidade Complutense de Madrid. Actualmente preside a… Continue lendo CONTRA O ISLAM?. DEFORMACIÓNS DA VISÓN EUROCÉNTRICA. ROLES DE XÉNERO MUSULMANES NOS MEDIOS
Actos dos coletivos feministas na Corunha contra as violencias machistas
O xoves 24 de novembro os coletivos feministas da Corunha estaremos na praza de Lugo a partir das 16.30h. , con actividades varias, música, información sobre os recortes nos servizos públicos, recollida desinaturas contra os recortes, charla sobre a autodefensa feminista, lectura do manifesto contra AS VIOLENCIAS MACHISTAS e moito mais!!! achégate pola plaza de… Continue lendo Actos dos coletivos feministas na Corunha contra as violencias machistas