Perto de 100 colectivos como SEDOAC, Sindicato Sindillar, Territorio Doméstico, Las Kellys de Sevilla y Madrid, Jornaleras de Huelva en Lucha, Ca la Dona, Afrogalegas, As Candongas do Quirombo ou NOMPISEOFREGHAO e mais de 500 activistas feministas son as primeiras asinantes dun manifesto común para defender os dereitos das traballadoras sexuais a través dun manifesto… Continue lendo Colectivos e activistas feministas únense baixo un manifesto común contra a criminalización da prostitución na nova Lei de Liberdade Sexual
Categoria: Direitos
Feliz 8M?
Foto: Pikara // Lara Santaella No ano de pandemia todo tórnase estraño, e o 8M non podía ser menos. O normal a estas alturas é que fose raro, pero non como o está a ser. O feminismo a día de hoxe é máis importante e necesario ca nunca, vimos como o confinamento disparou todas as… Continue lendo Feliz 8M?
Convidamos a asinar o manifesto “feministas polos dereitos das persoas trans”
As Nomepisesofreghao asinamos este manifesto porque o feminismo é transinclusivo ou non é feminismo, porque a lei de identidade de xénero é imprescindible para a vida de persoas que levan anos loitando desde as marxes, porque temos que poñer no centro esas vidas e que merezan a pena ser vividas. A lei é un pasiño… Continue lendo Convidamos a asinar o manifesto “feministas polos dereitos das persoas trans”
A outra campaña do 25N “Ti decides”
O (Anti)feminismo do PSOE na Coruña. Sen oferta educativa en Igualdade e Diversidade nos centros de ensino da cidade.
En todos os relatos políticos sobre as violencias machistas, a igualdade, a diversidade... en todos, as e os políticos enchen a boca falando da importancia da educación. Logo, na realidade, vese quen aposta e quen non, por introducir o feminismo (ou simplesmente a igualdade) en actividades educativas, e tamén vese como se fai e como… Continue lendo O (Anti)feminismo do PSOE na Coruña. Sen oferta educativa en Igualdade e Diversidade nos centros de ensino da cidade.
Sumámonos ao paraugas feminista: ante a treboada, coidados trans-inclusivos
Desde Nomespisesofreghao sentímonos identificadas coa proposta do paraugas feminista. A nosa volta a este espazo tivo moito que ver coa preocupación do que está a acontecer nos feminismos entre as propias compañeiras. Reaccións orquestadas que pretenden botar gasolina a lumes que sabemos e cremos que podemos abordar desde a sororidade, o debate e a reflexión,… Continue lendo Sumámonos ao paraugas feminista: ante a treboada, coidados trans-inclusivos
O Concello da Coruña disposto a aloxar maltratadores en hoteis polo feito de selo
O pasado 31 de marzo, en pleno confinamento, saiu un artigo no xornal de maior tirada local onde se facía un resumo dos servizos que a cidadanía coruñesa tiña á súa disposición desde a área denominada “Igualdade, Benestar social e Participación Cidadá” na que, case desaparcibido ao final líase o seguinte: Violencia de género. Se… Continue lendo O Concello da Coruña disposto a aloxar maltratadores en hoteis polo feito de selo
As feministas tumbamos unha lei, un ministro e un fascista na política
A falta de seguir falando entre nós do que supuxo a retirada do preproxecto de lei que Fachardón quería aplicar sobre o aborto, o primeiro que queremos facer é felicitarnos a todas as feministas polo traballo feito. É un fito histórico que a loita da rúa tumbe non só unha proposta de lei, senón que… Continue lendo As feministas tumbamos unha lei, un ministro e un fascista na política
Viva Miss Travesti Corunha 2014 livre de violência e racismo.
Nomepisesofreghao asinamos e difundimos nas nosas redes o seguinte post proposto por Rubém Centeno Paradela, un dos patrocinadores do Miss Travesti Corunha 2014 descoñecendo que AGAI ía ser outra das entidades patrocinadoras. Desde Nomepisesofreghao a convocatoria desta festa non nos resultaba políticamente moi atractiva por diferentes motivos, pero ante o coñecemento do patrocinio de AGAI… Continue lendo Viva Miss Travesti Corunha 2014 livre de violência e racismo.
Se tocan a Pepita tócannos a todas!
A compañeira Pepita ven de receber unha citación da Secretaría do Xulgado nº 5 da cidade da Coruña pola imputación por parte da Audiencia Nacional, para o próximo 10 de xuño ás 10.30h polo presunto delito de “enaltecemento do terrorismo”. Baseánse na interpretación feita por un pseudoperiodista dunha conversa que tivo con ela e o… Continue lendo Se tocan a Pepita tócannos a todas!