Estrea na Coruña do Documental de Raquel Rei “Dez centímetros mais perto do ceo”

Para unhas é un instrumento de tortura, para outras millor xeito de seducción feminina. Diferentes ideas ante un mesmo obxecto, o que mostra que os zapatos de tacón son moito mais que simple calzado. Neste documental os tacóns convírtense na metáfora que convida a reflexionar sobre cómo é o mundo polo que caminamos.

Continuar a ler

Anúncios

REXISTRO DE TRABALLO na casa-museo Pardo Bazán

Uqui Permui presenta Doli, doli, doli… coas conserveiras.

O venres 18 de Marzo na Casa Museo Emilia Pardo Bazán,

Estreia do documental: Doli, doli, doli… coas conserveiras.
Rexistro de trab
allo.

Longametraxe documental dirixida por Uqui Permui, gravada durante o 2009 e 2010. Co apoio da Agadic.
En 1989, preto de cen mulleres pecháronse na fábrica de Odosa, catro delas en folga de fame, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas ODOSA, na Illa de Arousa. Mentres estiveron pechadas gravaron un documental contando o que estaba suc…edendo. A partir dese material, se realizou este documental que narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado co presente.
Co relato podemos facernos unha idea do traballo nas fábricas de conserva e a relación laboral das mulleres. Rexistro de traballo pretende deixar constancia do traballo destas mulleres das que, cando a fábrica ameazaba con pechar, non apareceu testemuña documental de que levasen trinta, e algunhas corenta anos empregadas alí.
Son mulleres que denuncian como o traballo das conserveiras se considerou sempre un complemento do salario do seus compañeiros e non un salario en si mesmo, aínda que moitas vivan elas e os seus fillos unicamente deses ingresos.

“Unha historia de redeiras e gruas” este venres 13, no Campo de Marte

Queridos/as amigos/as.

Achegámonos coa intención de invitarvos a estrea do /Noticiario Intercultural de Barrio: “//Nosotras en lo Cotidiano//”/, un proxecto solidario de comunicación participativa desenvolvido por ACSUR-LAS SEGOVIAS Galiza.

A comunicación non é un luxo, senón unha actividade fundamental para a vida e o desenvolvemento social, e por iso convidamos a todos os que participastes desta iniciativa e a aqueles interesados en promover esta convivencia intercultural, a un Magosto que se celebrará no barrio de Monte Alto que terá lugar o vindeiro */día 13 de Novembro no Campo de Marte a partires das 20:00h./*

Neste acto, proxectaranse documentais producidos de maneira paralela na cidade de A Coruña , no Departamento de Quezaltenango e na cidade de Guatemala (Guatemala), que foron realizados xunto con diversas organizacións sociais. Estes documentais contan historias de alto interese social para as actuais relacións de xénero que se están a dar dentro destas dous sociedades tan distantes e á súa vez, tan ligadas historicamente.

Co obxectivo de promover un diálogo intercultural, fomentar á libre expresión e comunicación, presentaranse tres curtas documentais: “El Tanque” realizada por xoves de Quezaltenango, xunto con AMUTED, “Día de la Madre” rodada por diferentes organizacións sociais da cidade de Guatemala xunto con DEMA e “Unha Historia de Redeiras e Grúas” gravada por persoas pertencentes a organizacións e movementos sociais de A Coruña.

Queremos crear un espazo no que teñan cabida todas as opinións, críticas e propostas sociais sobre os problemas que afectan á cidadanía coruñesa e mais concretamente aos veciños e veciñas do barrio de Monte Alto, e para iso invitamosvos a participar xunto con nós do *Magosto que se celebrará no /Campo de Marte/ o vindeiro /Venres/ día /13 de Novembro/ a partires das /20:00h/. *Paralelamente ao estreo destas proxeccións na rúa, poderase degustar castañas e viño de Monforte, e disfrutar da música.

Esperamosvos nesta actividade de comunicación alternativa, popular e independente,

Cordialmente.
Dolores Queiro
ACSUR Galiza

Cine: Estranxeiras, no Atreu!

Este xoves abrimos o espazo feminista de “Nomepisesofreghao” para todos e todas coa proxección de “Extranjeras” no Centro Social Atreu!
Será ás a partir das 20h na Travesia San Xosé nº 2.
Despois teremos un debate sobre os contidos do filme,

Extranjeras” (75′) de Helena Taberna,
2003. Documental que amosa a cara descoñecida e cotiá de mulleres doutras culturas a través da experiencia de mulleres imigrantes que viven en Madrid e concretamente no bairro de Lavapiés.

XOVES 21 de febreiro a partir das 21:00h no C.S. Atreu! (rúa San Xosé, 2, Queerunha/A Coruña) proxección do filme History Lessons de Barbara Hammer (2000)

History Lesson 

Título: History Lessons

Ano: 2000

Directora: Barbara Hammer

Produción: Anna Viola Hallbero e Barbara Hammer

Guión: Ann T. Rossetti e Allyson Mitchell

Montaxe: Barbara Hammer

Arquivista: Barbara Hammer

Música orixinal: Eve Beglarian, Lisa Ben, Mikael Karlsson, Jean Paul Keenon e Getchen Phillips

Dirección artística: Barbara M. Lempel

Duración: 65′

B/N e Color

versión orixinal con subtítulos en castelán

Intérpretes: Ann Maguire, Jane Fine, Cocoa Fusco e David Del Tredici 

Filme irreverente que recupera a historia negada do lesbianismo na cultura popular do século XX, centrándose no ámbito estadounidense, a partires da mestura de diversos fragmentos de material de arquivo: cine erótico dos anos vinte e trinta (feito no seu momento para unha audencia exclusivamente masculina), documentais de educación sexual, Leni Riefenstahl, William Wyler, melodramas de serie B, anuncios televisivos ou cine doméstico. Manipula estas imaxes de procedencia heteroxénea coa intención de simular unha maior presenza das lesbianas na sociedade, como sucede co fragmento da Conferencia de mulleres presidida por Eleanor Roosevelt. Toda unha lección de montaxe e de apropiación que ilustra o proxecto desta cineasta feminista de crear un cinema que actúe á vez de forma intelectual e subliminal sobre a mente das espectadoras.
 

Máis información en www.barbarahammerfilms.com e nomepisesofreghao.blogaliza.org

Moitas gracias pola vosa colaboración e unha aperta

O corto de Peque Varela seleccionado en prestixioso festival

O corto de Peque Varela seleccionado en prestixioso festivalO festival de cine de Sundance seleccionou o da ferrolana Peque Varela, “1977”,  para participar na sección de cortos de animación da vindeira edición do festival, que será en xaneiro de 2008. 

O corto se presenta como británico debido a que Peque estudou en Londres na Universidade de Westminster, para despois formarse no National Film and Televisión School, onde levou a cabo este proxecto, que reflexa unha historia de vida dunha rapaza que ben pode ser Peque ou calquera de nós, centrándose na construcción da identidade de xénero, a ruptura dos estereotipos que lle van colgando os diferentes axentes socializadores que aparecen perfeitamente reflexados, recreando unha partida de “xogar a viver” no que a protagonista viaxa nuha ficha-buga pola vida mentras se vai conformando como muller nunha sociedade heteropatriarcal, capitalista e católica.

No entorno do xogo hai referencias arquitectónicas e urbanísticas de Ferrolterra, e representan unha cultura universal e galega da que somos víctimas e parte.

Desde Nomepisesofreghao felicitamos a Peque polo éxito, e esperamos poder contar con ela pronto para que nos faga unha presentación do seu traballo.

Xoves 13dezembro-cinema no A´TREU:

Ciclo de Cinema “Elas protagoniçam”

Projecçom do filme “Moolaadé” + debate.

*info do filme: http://www.golem.es/moolaade/

TEMAS A DEBATIR:

  • O papel da religiom e da tradiçom, ao longo da história, coma opressores da mulher.
  • Praticas coma a ablaçom estám a crescer ou a desaparecer na actualidade?
  • Diferentes luitas femininas no mundo(presente-passado-futuro).
  • É lícito que umha cultura “ensine” a outra cultura?