A falta de seguir falando entre nós do que supuxo a retirada do preproxecto de lei que Fachardón quería aplicar sobre o aborto, o primeiro que queremos facer é felicitarnos a todas as feministas polo traballo feito. É un fito histórico que a loita da rúa tumbe non só unha proposta de lei, senón que […]
Categoria: Acción
O pasado 16 de febreiro en Riazor, no partido do Deportivo co Sporting de Xixón, a Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña levamos a cabo unha acción no estadio despregando unha faixa polo Aborto Libre e Gratuito e convocando á manifestación nacional que tería lugar o 9 de marzo en Compostela. A polémica saltou […]
Este domingo 9 de marzo tivo lugar en Compostela unha nova manifestación nacional, unitaria, dos feminismos galegos. Como é de supoñer centrouse na reivindicación do dereito ao aborto. Os obxectivos eran encher a quintana dunha maré lilá, facer unha mani potente, xuntarnos as feministas de todas as tendencias do país fronte aos ataques que os […]
Este ano axuntamos as forzas dos feminismos galegos para enfrontarnos ao último gran atque do PP aos dereitos das mulleres. A proposta de reforma da lei do aborto, é, se cadra, un dos ataques mais fortes aos nosos dereitos, tamén polo que simboliza históricamente o dereito a decidir sobre os nosos corpos e a nosa […]
Hoxe, na Praza de Lugo da Coruña, a Plataforma #BoikotInditex, da que Nomepisesofreghao forma parte, realizou unha acción de presentación da súa campaña de Boikot ao grupo Inditex.
O municipio de Santa Cruz Barillas, situado ao nordés do departamento de Huehuetenango en Guatemala, sigue resistindo ao hostigamento e ao terrorismo de estado que se lle está a impor. A empresa española Econer-Hidralia, que ten como principal benefactor a Luis Castro Valdivia (coñecido na Galiza como o “señor das minicentrais”, asociado con concesións de […]
O pasado domingo, 11 de marzo, colectivos e organizacións galegas xuntámonos para tomer as rúas de Compostela esixindo os dereitos das mulleres, deixando claro que estamos en loita e que así imos seguir. A mani do domingo foi unha demostración histórica da fortaleza que ten o feminismo en Galiza, malia que moita xente quera non […]
Nomepisesofreghao súmase aos actos convocados desde diferentes organizacións e colectivos feministas do país con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo). Este ano queremos marchar xuntas, porque especialmente estamos a sofrer as consecuencias do sistema que neste momento oprime con mais forza que nunca e nos fai retroceder en dereitos xa acadados. O […]
O xoves 24 de novembro os coletivos feministas da Corunha estaremos na praza de Lugo a partir das 16.30h. , con actividades varias, música, información sobre os recortes nos servizos públicos, recollida desinaturas contra os recortes, charla sobre a autodefensa feminista, lectura do manifesto contra AS VIOLENCIAS MACHISTAS e moito mais!!! achégate pola plaza de […]
Este martes pasa a lei de familia o último trámite antes de ser aprobada definitivamente. Esta lei, que parte dunha ILP promovida por grupos da ultradereita Española promove a volta ao heteropatriarcado mais radical mediante a lexitimación dunhas cosiognas morais que recuperan o papel da muller como nai e coidadora, a familia como unha institución […]