Longa vida á “Escuela de Pensamientu Feminista” de AMA Asturies

Os pasados 16, 17 e 18 de xullo tivo lugar en Xixón a seguda edición da “Escuela de pensamientu feminista” organizada pola Asamblea Moza d’Asturies (AMA Asturies) e, dende Nomepisesofreghao non queríamos deixar pasar mais tempo para felicitar a AMA Asturies por organizar, de novo esta escola que, sen dúbida xa, con só dúas edicións, convertiuse xa, indoscutiblemente, nun referente feminista a nivel estatal.

O feminismo sempre puxo en valor a aprendizaxe e o debate, e como sabemos, na actualidade, os intentos de cooptación de determinados discursos fai mais necesario que nunca ou tan necesario coma sempre, este tipo de encontros.

A escola xurde dunha necesidade que veu provocada pola deriva que a Escuela Rosario Acuña viña mantendo, convertíndose nun espazo excluinte e exclusivo de mulleres, principalmente dunha liña ideolóxica concreta vinculada ao PSOE excluínte e baseada no único desexo de tentar manter unha hexemonía que hai tempo que ven perigar, grazas á democratización do feminismo. Toda a loita de décadas que se materializou nos masivos 8M dos últimos anos percibiuse dende determinados sectores como un risco á situación cómoda na que moitas feministas da academia ou con aspiracións pretendía obter. E foiselles das mans, de súpeto o feminismo é de todas, das académicas e das activistas, das traballadoras de fogar e sexuais, e por suposto das trans, e daquelas persoas que polas súas múltiples opresións derivadas do sistema patriarcal racista e clasista deciden que a loita debe continuar con elas e con eles.

En 2019 a Escola Rosario Acuña toca teito na súa emisión de discurso cargado de odio e exclusividade e é entón cando esta rapazada asturiana organizada decide dar o paso de propoñer outra escola que contribúa aos debates e aprendizaxe colectivo dende a perpectiva do #FeminismuPaToes, e teñen o detalle de convidar a Amelia Valcárcel, a debatir xuntas, mediante esta carta pública:

Imagem

Esta foi a súa resposta:

Podes seguir o fío que desencadeou tal resposta aquí.

Grazas a esta resposta tan propia dunha señora como Amelia Valcárcel e á capacidade creativa e organizativa de AMA Asturies, a escola foi un éxito e xerou un novo nodo, importantísimo, nas alianzas do feminismo estatal inclusivo, antirracista e anticapitalista, que é imparable. Debates fundamentais, persoas diversas falando dende o activismo das diferentes loitas, referentes de espazos activos fronte a dinosaurias anquilosadas nas súas poltronas.

Podedes seguir todas as mesas na canle de youtube de AMA Asturies, e a súa actividade nas diversas redes sociais: facebook, twitter e Instagram.

Longa vida á Escuela de Pensamientu Feminista e a AMA Asturies!!

Tedes todo o noso apoio, e agradecemento por facer isto tan necesario nestes tempos, moita rapazada organizada feminista como vos precisamos.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s