Feliz 8M?

Foto: Pikara // Lara Santaella

No ano de pandemia todo tórnase estraño, e o 8M non podía ser menos. O normal a estas alturas é que fose raro, pero non como o está a ser. O feminismo a día de hoxe é máis importante e necesario ca nunca, vimos como o confinamento disparou todas as alertas feministas: a precarización dos traballos máis feminizados (como os coidados, servizos de limpeza, a cara oculta do turismo, etc.), o teletraballo mal entendido, a ausencia de conciliación e as violencias machistas.

Pero este foi un ano marcado polo espectáculo mal chamado “borrado das mulleres”, como ben recolleu Daniela Ortiz no seu chío “Las compañeras trans no “borran a las mujeres”. A las mujeres las borran las feministas blancas que imponen una agenda transfoba para invisibilizar temas urgentes como las quitas de custodia racistas, las esterilizaciones forzadas y la judicialización de la maternidad”. Deste mesmo xeito mulleres brancas, cis e acomodadas nas institucións como a Academia,  con esta campaña, están eliminando da axenda feminista todo o que levamos sufrindo as mulleres no ano de pandemia, o ano de maior retroceso nos dereitos das mulleres. E asistimos a un falso debate sororicida, baseado en loitas de poder e sostemento de privilexios dalgunhas sobre moitas, falso debate que lonxe de enriquecer o movemento feminista ou de destruír o patriarcado, o que fai é precisamente o contrario, estamos deixando de lado  a milleiros de mulleres con vulva ou sen ela que están perdendo dereitos e incluso a vida todos os días.

Feliz 8M.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s