Por un 2021 cheo de espazos comúns e centrado no sostemento da vida

Desde Nomepisesofreghao queremos desexar un ano 2021 que rompa coa deriva que nos trouxo a esta situación e que, como sociedade, nos tomemos en serio o importante: os medios que fagan posible o sostemento da vida.

Este 2020 trouxo unha pandemia que fixo agromar todas as carencias que o patriarcado e o seu maior aliado, o capitalismo, deixan sobre os hombreiros das mulleres. O modelo familiarista dos coidados recae principalmente sobre aquelas que teñen que renunciar a vivir unha vida plena a prol do sostemento dun sistema que se reforza grazas a isto.

As prioridades quedaron claras: retomar a normalidade antes de tempo para que se puideran desenvolver determinados negocios por riba doutros, como o futebol. Abrir a mobilidade para que o modelo turístico devastador puidese desenvolverse, sen cuestionarse, mentras se sinala outros movementos de seres humanos que se desprazan fuxindo de guerras, de pobreza ou da emerxencia climática causada, en parte, por ese modelo. Vender un falso reforzo da sanidade baseado en precariedade e excepcionalidade. Condear a morte ás maiores das residencias xestionadas baixo un modelo privatizador de coidados que nin coidados son. Deshumanizar a morte e enfermidade castigando con soidade ás persoas enfermas.

Todo isto e moito máis saiu á luz, pero hai outros focos interesados que parecen cegarnos e bloquearnos. Mentras é innnegable que isto non resiste sen un cambio de paradigma, mentras se sinalou ao feminismo e ao 8M como foco irradiador dunha pandemia, os debates dentro do feminismo se articulan en torno a cuestións que, por unha banda, debían estar superados, como a defensa dos dereitos humanos e das persoas trans ou das traballadoras precarias (sexan as traballadoras sexuais, as dos coidados etc…), e pola outra, que evitan que xuntas loitemos por dereitos para todas.

“Non esquezades xamais que bastará unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados. Estes dereitos nunca se dan por adquiridos, debedes permanecer vixiantes toda a vosa vida”

Simone de Beauvoir

Igual que se demostrou o que enunciaba Simone de Beauvoir, as crises tamén son momentos de ruptura que é preciso aproveitar e non deixarnos cegar ou, o que é pior, deixar que nos marquen a axenda dende o patriarcado mais machirulo, e tamén dende aquel onde señoras hexemónicas brancas e académicas, ou aspirantes a académicas, pretenden para soster os seus privilexios. No 2021 deberíamos fuxir de sinalamentos e de repartos de carnés, e adicar os esforzos en acompañarnos para loitar polos dereitos que aínda non acadamos e tamén daqueles que nos arrincaron e que teremos que reconquerir. Pero que sexan dereitos para todas, baseados na escoita das voces mais silenciadas.

Atopémonos no 2021 nos espazos comúns, aproveitamos as redes comunitarias de proximidade e tamén as internacionais que nos achegou, máis que nunca, a tecnoloxía. Deixémonos de ser implacables cos erros das outras e sinalemos os erros do sistema.

Cando un sistema alerta dun erro (Kernel Panic), é momento de actuar, podemos reiniciar e probar ou podemos reinstalar e aproveitar para mudar o sistema operativo, o Feminismo é os software libre que nos outorga autonomía e nos libera do mal. Fronte a un kernel pa(triarca)nic instalamos feminismo e teremos as ferramentas para posuir sempre a capacidade de solución nas nosas mans e nas da comunidade.

Desexámosvos e desexámosnos un 2021 onde nos atopemos na loita por unha sanidade pública e universal de calidade, un ensino tamén público e de calidade, digno e que promova o feminismo como valor, que faga millores ás personiñas do futuro, un sistema de coidados que nos permita a vivir dignamente e libres, coidar e ser coidadas como queramos, sentirnos nós, escoller os nosos lugares e transitar por eles como desexemos.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s