Cando a fratría nos impide ver o bosque

A morte de Maradona – o 25 de novembro, ai o karma- deu un exemplo máis das nosas dificultades para manter un discurso feminista sen paliativos cando entran polo medio outras lóxicas hexemónicas ou, o que é o mesmo, as nosas contradiccións máis dorosas. No fútbol, na política, no propio movemento.

Historias reais: santificada sea tu zurda…

Entre estas contradicións, moitas mulleres tiveron que enfrontarse na súa militancia política ou na súa participación social en grupos organizados e autonomeados feministas e, faltaría máis, de esquerda, con fratrías que protexen a maltratadores, acosadores, abusadores ou misóxinos. Como na película “The goodfellas”, a fratría protexe cando se trata dun “dos nosos”. Goodfellas significa mafiosos, pero a tradución española foi “Uno de los nuestros” e a latinoamericana decantouse por “Buenos muchachos”. Significativo e claro: aínda sendo mafioso, é un dos nosos e, polo tanto, non se toca: os nosos levan o feminismo de serie porque así está escrito, non é preciso que fagan méritos. A que sinala, a que demanda unha resposta da organización, a que pide que o feminismo sexa real e non un eslogan baleiro, fica apartada e nas marxes.

Historias reais: non é para tanto. É unha esaxeración.

Tamén se enfrontaron a organizacións nas que, máis unha vez, as mulleres cun discurso propio e con maior experiencia foron relegadas para non poñer en cuestión liñas de pensamento de novo hexemónico pilotadas, oh sorpresa, por varóns. Mulleres si, pero as que nós decidamos. A subalternidade nos espazos nos que menos o agardabamos: vellos costumes en lugares aparentemente novos.

Historias reais: no acto vai estar fulano (nome e apelidos) e mengano (nome e apelidos). Agora fan falta dúas mulleres (estas sen nome e apelidos, valía calquera. Intercambiables)


O feminismo é por definición incómodo, incisivo e ten que mover os marcos do patriarcado. Pero tamén os das leiras que tiñamos por “nosas”, as dos espazos políticos que contribuimos a construir e dos que nos botan, as dos espazos no propio movemento que replican lóxicas violentas e loitas de poder. Están cheas de contradicións e sinalalas é un dos nosos propósitos, mesmo cando o dedo sinala ao noso propio embigo.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s