Nesta 4ª edición do FFoco temos a oportunidade de ver diferentes propostas interesantes, estará da Fundación Luis Seoane ata o proximo 8 de decembro. Nela, aparte de poder ver a obra de artistazas e artistazos queremos destacar as de O Piano pola Xanela, de Xosé Castro “Pepucho” e Óscar París, que fan unha crónica visual do Papagaio, o que foi o barrio chinés da cidade durante décadas no século pasado, onde xeracións de mulleres exercían o traballo sexual e que foi sepultado pola edificación do actual Bulevar del Papagayo. No seu momento as Nomepisesofreghao adicámoslle unha pequena acción no marco da mani-festa-acción Queerunha ’08 que podedes ver neste vídeo
Este ano, ademáis, FFoco conta co traballo de Deebo Barreiro, que proxecta ‘Ser un cuerpo’, un traballo no que fala de identidades de xéneros, diversidades sexuais e a necesidade de rachar cos estereotipos e de empregar o corpo tamén como arma política. Deixámosvos a entrevista que lle fai o codirector de #FF4, Juan Varela, onde Deebo conta as motivacións e algunhas das súas experiencias facendo este traballo.
Lembrade pasarvos pola Fundación Luis Seoane antes do 8 de decembro e seguir a #FF4 en rrss para poder desfrutar dalgunhas das actividades que fan en liña.