Estes días celebráronse numerosas propostas de xornadas, palestras, debates en torno ao outubro trans. Das cousas boas que nos trouxo esta distopía pandémica na que nos atopamos é ter acceso online a un feixe de propostas de diferentes espazos e territorios.
Houbo un deses encontros en Iruña, no Centro LGTBI Harrotu, organizado por Transkolore e Lunes Lilas que nos pareceu unha auténtica maravilla. Como nota comentar que ademais de retransmitirse en directo vía facebook tiñas ocasión de inscribirte para participar do Zoom, aínda que tamén atenderon a preguntas e intervencións escritas como comentarios no propio facebook. Comentámolo para animar á xente que quere organizar cousiñas de xeitos de facelo participativo e con impacto coas ferramentas que nos impoñen estes tempos.
Como vedes, o día 29 falaron Aitzole Araneta, sexologa e activista transfeminista, Rosa María García, activista trans, marxista e divulgadora e Rocío Medina activista feminista, profesora e investigadora na facultade de derecho da UAB e membra do grupo ‘ANTIGONA’.
Falaron sobre o Queer, o trans e o feminismo interseccional. Foi unha mesa que abordou un dos temas que actualmente parece que son o centro dos debates mal entendidos dentro do feminismo, eses que nos fan sentirnos rodeadas de prácticas violentas nun espazo que debería ser todo o contrario: un espazo de seguridade para as persoas, onde poder non só expresar, senon defender as identidades, protexernos e facelo en liberdade. Faise raro ter que escreber isto cando falamos de feminismo, porque é algo que debería ser intrínseco.
Lembraba Aitzole as xornadas de (trans)feministas de Granada do 2009 –Granada 30 años después: aquí y ahora, organizadas por la Asamblea de Mujeres de Granada y la Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas-, do que se editou o libro de ponencias, que podes descargar aquí. Eran tempos de construcción dun feminismo inclusivo, transfeminista, de demostración real da importancia das alianzas. Agora algunhas pretenden que demos pasos atrás en cousas que non teñen retroceso e disto falaron as compañeiras na mesa do día 29. Fixo Rocío unha introducción sobre o feminismo interseccional (que ampliou ao día seguinte) e achegaron as súas visións Rosa María e Aitzole.
A continuación subimos a palestriña que deu Rocío Medina o día 30, ampliando o concepto de feminismo interseccional e esa necesidade de ter en conta máis variables que o xénero e a clase para construir de verdade ese feminismo liberador e revolucionario que precisamos porque doutro xeito non pode ser feminismo, porque nos exclúe e non seríamos ese 99% que tanto apelamos.
Atender e poñer en valor a loita que levan anos exercendo todas esas mulleres musulmanas, negras, xitanas, tranas, precarias, traballadoras do fogar, traballadoras sexuais… todas as voces, de todas as mulleres teñen que ser escoitadas, respectadas e visibilizadas, tecer alianzas e acompañarnos, coidarnos.