Categorias
Políticas Públicas

O (Anti)feminismo do PSOE na Coruña. Sen oferta educativa en Igualdade e Diversidade nos centros de ensino da cidade.

En todos os relatos políticos sobre as violencias machistas, a igualdade, a diversidade… en todos, as e os políticos enchen a boca falando da importancia da educación. Logo, na realidade, vese quen aposta e quen non, por introducir o feminismo (ou simplesmente a igualdade) en actividades educativas, e tamén vese como se fai e como se pode facer, con vontade ou sen ela.

No Concello da Coruña levábanse anos impartindo talleres nos centros de ensino, no marco dun programa chamado Coruña Educa. Neste programa as diferentes áreas fan as súas propostas educativas para ofertar aos centros de ensino da cidade, e sempre houbo actividades de prevención de violencia de xénero, e algunhas outras promovidas desde o servizo de igualdade (tanto cando foi concellaría propia, como cando estaban o PSOE ou o PP gobernando en solitario a cidade).

As actividades de prevención de violencias, de posta en valor da diversidade e de saúde afectivo sexual formaron parte do programa Coruña educa todos estes anos (dun xeito ou doutro), gobernase quen gobernase, porque hai un consenso social, sobre todo na necesidade de actuar desde a edcuación na prevención de conductas machistas, racistas ou LGTBIfobas.

Nin o PP foi quen de cargarse esa programación, certo é que o PP non promoveu políticas feministas, pero foi mínimamente hábil como para deixar facer, sen visibilizar, ou ate invisibilizando, algunhas políticas de igualdade con demanda social… pero grazas ás grandes profesionais dos servizos municipais, e a demanda dos centros, os programas educativos seguiron levándose a cabo.

O anterior goberno municipal da Marea Atlántica tentou blindar as accións que se viñan facendo, por vontade do funcionariado e pola forte demanda social, licitando pregos de contratación, non só para consolidar e blindar algo que funcionaba e era necesario, senón para facelo ben. Hai que lictar para non deixar á arbitrariedade a contratación de quen debera levar a cabo tarefas esenciais como a educación en igualdade, diversidade e saúde afectivo sexual. Ademais ampliou a oferta a idades mais novas, e a espazos fora dos centros de ensino (bibliotecas, COF etc…) podes ver aquí un resumo das milloras incorporadas.

Podedes comprobar nestas imaxes a oferta de anos anteriores:

A contratación (por pregos e lotes) fíxose en 2017 cunha duración de 2 anos prorrogable a un mais, para dar marxe a refacer pregos en función dos resultados das novas actuacións e que non quedasen sen imaprtir nunca as accións, mesmo con cambios de goberno polo medio.O cambio de goberno produciuse en maio de 2019, cos 2 anos iniciais do contrato aínda en vigor.

Chegou o PSOE e a concelleira Yoya Neira e, a súa primeira achega, antes de cargarse a área de igualdade e diversidade, foi queixarse de que sabía de boa tinta que había feminazis impartindo talleres nos centros de ensino (entidades e empresas que accederon por licitación aberta e pública) e deixando ver a xa as súas intencións de cargarse o programa, ademais de reproducir ese discurso mais propio de HazteOír ou VOX que dunha suposta política progresista, xa non decimos de esquerdas nin socialista. Unha vez mais e grazas á demandas dos centros e das familias, así como dos servizos e das organizacións impartidoras, mantivéronse. Había un contrato en vigor que había que cumplir (posiblemente nin iso fixeron, pero xa veremos…), entrou a prórroga e polo tanto había un ano enteiro para pensar os pregos, podíanse actualizar e sacar de novo ou podíanse millorar o mudar na súa totalidae. En todo caso había que tomar unha decisión política sobre a continuidade ou non do programa.

A decisión política tomouse e a día de hoxe, para o curso 2020-2021, non hai oferta formativa en prevención de violencias machistas no Coruña Educa, nin en educación afectivo sexual, nin en atención ás diversidades.

Para ver a oferta actual no programa educativo Coruña en Igualdade, pincha aquí, ou o de Coruña en Diversidade pinchando aquí… é dramático!!

Obviemente a vontade política deste goberno que pon ao frente a unha concelleira antifeminista como é Yoya Neira, da macroárea que fixo desaparecer a Igualdade e Diversidade e a Participación Cidadá, é a de ser un goberno antifeminista.

Cargarse programas como a Escola de Empoderamento Feminista, un dos millores valorados, cun custe baixísimo e un impacto e unha participación abrumadora, é unha decisión política, cargarse os orzamentos participativos, é unha decisión política. Hai programas que tivo qeu asumir como o Espazo das Diversidades ou a segunda fase do Pacto por unha cidade libre de violencias machistas… pero están totalmente invisibilizados…

Temos mais mostras do antifeminismo de Yoya Neira e do PSOE coruñés, mesmo incumplindo obrigas legais e administrativas como ter un Plan de Igualdade Municipal (xa caducou o anterior), ou tantas outras como as que marca a Ordenanza Muncipal para a Igualdade na Diversidade aprobada en 2019 que parece non importarlle a niguén.

Temos mostras ata nos convenios aprobados nos orzamentos, nagóuselle ao Centro de Estudos de Xénero e Feministas o convenio de 15000€ que ten a día de hoxe os cartos asignados, un organismo da UDC que ten opción de adicar o convenio ás liñas que a propia concelleira elixa, se quere… pero non pode escoller nada que lle ula a feminismo porque non o tolera. Mentras incrementa convenios e sostén entidades amigas… amigas dela, claro!

PD: para facer este post quixemos tirar de hemeroteca na nova flamante web do Concello da Coruña, pero o PSOE eliminou o pasado para dificultar as comparacións sobre a súa gran xestión…

Por nomepisesofreghao

Feministas mudando o mundo

One reply on “O (Anti)feminismo do PSOE na Coruña. Sen oferta educativa en Igualdade e Diversidade nos centros de ensino da cidade.”

Paréceme todo ben agás o cansino de que asemelledes o debate sobre legislar a identidade de xénero co discuso de Hazte Oir, penso que debedes descoñecer o análisis da realidade material do marxismo para dicir estas barbaridades.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s