O Concello da Coruña disposto a aloxar maltratadores en hoteis polo feito de selo

O pasado 31 de marzo, en pleno confinamento, saiu un artigo no xornal de maior tirada local onde se facía un resumo dos servizos que a cidadanía coruñesa tiña á súa disposición desde a área denominada “Igualdade, Benestar social e Participación Cidadá” na que, case desaparcibido ao final líase o seguinte: 

Violencia de género. Se ha preparado un protocolo interno para atender a las mujeres víctimas de violencia de género que tengan que convivir con su agresor en el período de cuarentena. El Ayuntamiento cuenta además con 13 plazas en habitaciones con baño, más los menores que acompañen, para dar residencia alternativa a las víctimas y facilitar el aislamiento individual. En la Casa de Acollida para Mulleres se han dispuesto espacios de aislamiento que utilizan seis mujeres y cuatro menores, y en otras dependencias se ha dado alojamiento a otras tres mujeres y otros tantos menores de edad. A petición de la Justicia, se han reservado varias habitaciones para hombres con orden de alejamiento, que se encuentren en situación de abandono del hogar sin otra alternativa

HotelElResplandorA información ten trampa e resulta, cando menos, chocante que desde un área de goberno municipal, que ten competencias en atención a situacións de violencia de xénero, se lle ofreza aloxamento en habitacións de hotel a maltratadores, polo feito de selo, cando o habitual para persoas sen recursos habitacionais son outras opcións. Naquel momento, en pleno confinamento, o concello abrira un albergue provisional en Riazor para persoas en situación de senfogarismo (ademais de existir outros na cidade), pero un maltratador con necesidade de aloxamento podía ser derivado a un hotel en lugar dun albergue, a pregunta é: por que unha orde de alonxamento dota dun previlexio á hora de ser atendido por un recurso público? Evidentemente é unha decisión política bastante alarmante.

Sobre os recursos de acollemento e as mulleres

O feminismo sempre cuestionou a existencia de casas de acollemento polo modelo que representan, aceptanse porque a realidade é que as mulleres precisan esa protección xa que son elas as que, aínda que sexa inxusto, fuxen dos fogares no momento de tomar a decisión de separarse dos seus maltratadores e é a administración pública a que debe darlles resposta. Evidentemente é unha resposta insuficiente, se ademais entramos a valorar as opcións que se ofrecen desde a Xunta de Galicia cando falamos de axudas a vivenda teremos material para outro post, e farémolo. Desgrazadamente co paso dos anos a situación non da a volta e as casas de acollemento seguen a ser útiles en situacións de emerxencia habitacional, pero as necesidades das mulleres que os precisan si varíaron, e moito, nos últimos anos, sen que a maioría dos recursos se adaptasen ás novas realidades. 

CasaIsaValladares

Ilustración de Isa Valladares

A día de hoxe se demanda desde organizacións feministas e desde os servizos especializados que os recursos habitacionais se adapten a necesidades de mulleres que, por diversas circunstancias, como o seu estado de saúde mental ou vinculadas a consumos tóxicos, son excluídas dos recursos existentes sen ofrecerlles alternativas estables, non hai recursos habitacionais para elas e as súas fillas e fillos cando pasan por una situación de violencia machista que as bota á rúa. Provisionalmente, nalgúns casos se xestionan recursos puntuais de emerxencia como habitacións ou mesmo albergues se é que as aceptan. 

En vista dunha realidade que non acaba de ser reconducida saber que si hai recursos habitacionais específicos para maltratadores polo feito de selo xenera, cando menos, impotencia e raiba porque nos mostra que efectivamente non hai interese político real en reconducilo nin a levar a cabo políticas públicas feministas pretendendo que, únicamente mantendo un termo no nome dunha concellaría, non se vai facer patente o total desmantelamento da mesma.

Políticas públicas feministas no Concello da Coruña 

O PSOE fai bandeira do seu feminismo, tirando da elaboración de algunhas leis que obviamente foron un avance innegable, pero non se pode vivir de rendas e hai que demostrar que efectivamente o é. Mentras que a nivel estatal promoven ataques ás súas socias de goberno para tentar manter unha lexitimidade que non entenden se non leva os seus nomes, a nivel local o desmantelamento da área de igualdade é notorio.

Foi no bipartito (2007-2011) cando se lle deu o primeiro impulso ás políticas feministas no Concello da Coruña, creando un área específica que, xunto a Participación Cidadá, lideraba Margarida Vázquez Veras, daquela no BNG. A separación da aŕea de servizos sociais foi unha aposta política baseada na parcelación de áreas, algo moi habitual nos gobernos de coalición que o BNG soubo aproveitar lanzando políticas innovadoras e implementando servizos que viñeron para quedar (CIM, canguraxe…). A chegada do Partido Popular pasou polos servizos de igualdade de puntillas, xa eran anos no que era moi impopular retirar determinados servizos e o Señor Lorenzo decidiu non retirar sobre o papel, pero invisibilizar absolutamente todo o que puido os servizos e programas de igualdade, o bo é que os equipos consolidados lograron sobrevivir á invisibilidade co seu bo facer, algo ao que as feministas, sexan militantes e/ou cadros técnicos, están moi afeitas a facer.

A Marea Atlántica apostou de novo pola separación da área de igualdade (e diversidade) da de Xustiza social e coidados, decisión mais ou menos acertada según por onde se mire. políticamente interesante pero con algunhas desventaxas: a escaseza de persoal e orzamentos fixo moi complicado reconstruir un área sen consolidar, mal que ben fíxose. A chegada do PSOE ao goberno local, en minoría, fixo preciso negociar liñas vermellas como manter as áreas de igualdade e participación, polo tanto figuran no nome dunha macroárea que, lonxe de soster os avances, devolve a igualdade a 2014, unifica ao persoal e unifica as prioridades nas que nunca están proxectos de igualdade, deixa facer ao persoal específico consolidado (nomeadamente o CIM e o COF) pero o resto de proxectos desaparecen, salvo aqueles asinados nos pactos que, simplemente deixa que sigan cumplindo o seu único fin de non romper o contrato coa Marea Atlántica pero retíralles toda presencia e visibilidade, así o espazo das diversidades queda agochado, a escola de empoderamento feminista desaparece sixilosamente, a transversalidade nin se sabe (malia ter unha ordenanza, saelles gratis incumplila) o consello de igualdade nin se menciona e o 8m ou o 25N voltan ser días nos que poñer unha chapa e uns chíos pero carecen de programación e aposta sotida no tempo… porque poñer unha chapa e decir que ai atrás fixeron leis pioneiras é o que queda do feminismo do PSOE, e a cambio a área de igualdade do Concello da Coruña disposto a pagar habitacións a maltratadores xerando un privilexio baseado en iso, en ser maltratadores.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s