A falta de seguir falando entre nós do que supuxo a retirada do preproxecto de lei que Fachardón quería aplicar sobre o aborto, o primeiro que queremos facer é felicitarnos a todas as feministas polo traballo feito.
É un fito histórico que a loita da rúa tumbe non só unha proposta de lei, senón que esto leve a demisión dun ministro e a súa retirada da política.
O PP leva tempo tentando quitarnos esa forza, e baseaba as súas dúbidas sobre a retirada ou non da lei a división interna no partido, mais por aí non pasamos, se ben é certo que moitas persoas que votan ao PP non estaban dacordo coa lei Gallardón, esto tamén é resultado da loita histórica dos feminismos, polo que nós celebrámolo como unha victoria nosa.
Hai varios pontos a deixar claros sobre o acontecido:
- Gañou o feminismo, acadou un obxectivo que se buscaba, a retirada da lei Gallardón, eso xa quedou claro.
- O feminismo, ou os feminismos, demos unha leción, non só aos gobernantes, senón tamén aos propios movementos sociais que, nestes tempos, estamos na rúa loitando por todos os ataques ao que nos vemos sometidas polas políticas neoliberais do PPSOE. Esta leción é que nos feminismos loitamos doutro xeito, aprticipamos doutro xeito e mudamos as cousas, incluso as rompemos, como se viu onte. Polo que reclamamos que teñades esto en conta e reformulemos moitos xeitos clásicos de loita, non desdeñables, pero incorporemos novas formas, novas metodoloxías, funcionan compas!!
- Dentro dese xeitos de funcionamento queremos facer unha mención especial non só a todas as compañeiras e compañeiros que loitan e participan desde a perspectiva feminista e modifican estruturas, tamén a algunhas estruturas que, aínda que parten coa reticencia dos feminismos mais autónomos, neste caso tamén deron unha leción metodolóxica. Conformouse no país unha estrutura, aparentemente do mais clásica: unha plataforma de organizacións, a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto. Fuxindo en moitos casos do xeito de facer das propias organizacións que a conforman, as mulleres que alí estaban apostaron por incorporar compañeiras, adscritas ou non, que tiñan ese desexo común de artellar unha rede feminista que, baixo o mesmo paraugas lilá, definise acordos básicos suficientes para traballar xuntas. Creouse e ante esta vitoria que viamos vir, xa todas mostraron/mos o desexo de seguir, que esto so foi o inicio… a ver se son/mos quen de darlle continuidade.
- Esta é unha vitoria, sen dúbida, mais non imos desactivar a #AlertaFeminista, este goberno prepara unha reforma da lei actual, sobre todo no que se refire á capacidade de decisión das mulleres de 16 e 17 anos. Cremos que estas mulleres non toman unha decisión inconsciente, senón que decidir sobre a súa maternidade é algo que lles vai acompañar toda a vida, polo que non queremos que se faga unha reforma da lei nese aspecto. Tamén preparan unha lei de fmailia, supoñemos que ao xeito da que xa nos colaron na Galiza, e imos estar opoñéndonos coa mesma forza.
- A lei actual foi un avance, mais non é a lei que queremos tampoco, queremos unha lei que definitivamente proporciones o ACCESO UNIVERSAL AO ABORTO SEGURO E NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE. A lei actual non da ese acceso universal e segue derivando intervencións voluntarias de embarazo a redes sanitarias privadas. Como vedes non falamos de Aborto GRATUITO, que remos un ABORTO que se practique no sistema público de saúde que xa mantemos nós.
Con todo esto non queremos empañar a alegría que nos supuxo ver onte a Fachardón caer, por eso o celebramos, e, como no0s é propio, seguiremos esta loita bailando así celebramos e loitamos. convocámosvos pois a sair á rua este domingo con nós, na Coruña será ás 12:00 no campo da leña. No resto das cidades galegas:
– Compostela: Concentrámonos na Praza de Praterías ás 12h
– Ferrol: Pasarrúas, saída ás 12 do Cantón e remate na Praza do Inferniño ás 13h
– Vigo: às 11:30h no palco da Alameda de Bouzas.
– Ourense: (por confirmar)