Nomepisesofreghao asinamos e difundimos nas nosas redes o seguinte post proposto por Rubém Centeno Paradela, un dos patrocinadores do Miss Travesti Corunha 2014 descoñecendo que AGAI ía ser outra das entidades patrocinadoras.
Desde Nomepisesofreghao a convocatoria desta festa non nos resultaba políticamente moi atractiva por diferentes motivos, pero ante o coñecemento do patrocinio de AGAI sí queremos apoiar públicamente a reflexión que o noso compañeiro fai, aquó vola deixamos:
A organizaçom da festa Miss Travesti Corunha 2014 deve desmarcar-se claramente da politizaçom interessada que a associaçom racista AGAI pretende realizar desta festa. Como mulheres nom podemos ficar caladas ante a violência, os crimens e a crescente militarizaçom da sociedade que se está a viver baixo a ocupaçom militar e o apartheid nos territórios palestinos, que por suposto repercute de forma moito mais profunda em todas as minorias, como as mulheres ou os gais, lésbicas e trans. Por favor difundide, Miss Travesti Corunha 2014 nom pode ver-se empanhada por este desafortunado apoio.
Para quen lle interese poñemos aquí a ligazón ao manifesto LGTBQ de BDS Galiza
No nome da organización de Miss Travesti Coruña 2014 queremos facervos constar que AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel) xa non forma parte dos nosos patrocinadores. Fíxoselles saber do malestar xerado pola súa participación no certame e eles mesmos decidiron dar marcha atrás para evitar entrar en polémicas. Un saúdo.