Se tocan a Pepita tócannos a todas!

Pepita

A compañeira Pepita ven de receber unha citación da Secretaría do Xulgado nº 5 da cidade da Coruña pola imputación por parte da Audiencia Nacional, para o próximo 10 de xuño ás 10.30h polo presunto delito de “enaltecemento do terrorismo”. Baseánse na interpretación feita por un pseudoperiodista dunha conversa que tivo con ela e o seu fillo, Suso Cela, e que se publicou no xornal El Mundo o 7 de xullo do 2013.

audiencia_pepita_extracto

A solidariedade é perseguida. Máis non a poderán destruir nin a garda civil, nin os xuíces, nin os corruptos xornais, nin os políticos, porque é infinita e fundamentase na xenerosidade e no amor incondicional. Quen só se move ao ritmo da chantaxe, do uso indiscriminado da violencia, do interese e da avaricia non a vai poder entender, e moito menos respectar, aínda que na rutina e retórica do poder abusan dela, da solidariedade, máis deturpada nunha rede clientelar.

As que non creemos na xustiza divina loitaremos pola terreal. Pola terra mai, esa mai que queren ilegalizar, esa muller forte, independente, que sempre lles mirou aos ollos, eles, tan covardes, sempre covardes, aupados polos seus postos, fortes no seo da súa corrupta familia, linchando, que é ao único que se atreven os covardes. Lincha a policía, linchan os xornais, máis…

NENGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA, SE TOCAN A UNHA, TÓCANNOS A TODAS!

Máis información: http://comitedesolidariedade.wordpress.com/

Deixamos aquí o vídeo da homenaxe que se le fixo a Pepita pola súa longa traxectoria de loita en diferentes causas onde todas nos sentimos sempre acompañadas por ela

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s