Compartimos no noso blogue o caderniño A Fondo que o xornal Sermos Galiza publicou no número da semana do 8 de marzo deste ano.
No caderniño podemos ler artigos das xornalistas Olalha Rodil e Beti Vázquez, que cordenaron este traballo no que tamén participaron compañeiras de diferentes colectivos feministas do país. Desde A Coruña Acçom Rabuda falan de que o 8 de marzo non é un día, senon toda unha vida e así presenta o seu traballo na liña de manter ese espírito sempre activo. Margarida Corral, da CIG analisa a situación das mulleres galegas desde unha perspectiva de clase. Rocío Fraga, de Nomepisesofreghao fai unha reflexión sobre os micromachismos e a fina liña que separa determinados comportamentos machistas dunha suposta baixa intensidade con esa cara do patriarcado mais dura e violenta. María Novas e Sofía Paleo, do colectivo Dexeneroconstrucción achegannos a unha arquitectura con perspectiva de xénero.
Agardamos que gostedes e agradecemos a Sermos Galiza que nos dera voz neste monográfico.