Orgullo Bukanero, Mach(irul)ismo en Riazor. O aborto importa?

O pasado 16 de febreiro en Riazor, no partido do Deportivo co Sporting de Xixón, a Plataforma polo Dereito ao Aborto da Coruña levamos a cabo unha acción no estadio despregando unha faixa polo Aborto Libre e Gratuito e convocando á manifestación nacional que tería lugar o 9 de marzo en Compostela. A polémica saltou aos medios, xa que a faixa foi retirada inmediatamente pola seguridade do Clube alegando que non ían permitir faixas que non tivesen que ver co estrictamente deportivo, pola contra, nese partido permitíuse que a afición do Sporting mostrase simboloxía profeixista, o cal deu lugar a que a polémica tivese aínda mais repercusión mediática.

FaixaAbortoRiazor

O futebol sempre foi un espazo de expresión política, o é maioritariamente para o mal e para o capital, actualmente o futebol moderno relega o deporte a un segundo plano e prioriza o enriquecemento de clubes e empresas e grandes holdings de comunicación, poñendo ao servizo dos mesmos un suposto deporte tan popular. Ante isto, as aficións de moitos equipos reaccionan e tentan levar ao campo reivindicacións políticas e sociais que a algunhas nos reconcilian con este espectáculo e nos axudan a sobrelevar as nosas contradicións. Un exemplo disto son os Bukaneros, siareiros e siareiras do Rayo Vallekano, que coa identidade do barrio madrileño por bandeira, apoian todas aquelas causa que consideran xustas de defender, xa que son xente obreira e rebelde, que vive as opresións e as inxustizas sociais e así o mostran en cada unha das súas accións.

O pasado 6 de xaneiro, no partido fronte ao Villarreal, Bukaneros despregaron unha faixa contra a reforma da lei do aborto, como podedes ver na foto:

FaixaAbortoBukaneros

Visto esto e, tendo en conta que na Coruña temos, supostamente, unha parte da afición dunha tendencia ideolóxica de esquerdas e tamén rebelde, representada polos Riazor Blues (con quen anos atrás temos compartido algunhas de nós moitísimas simpatías e grandes amizades) e vendo que nalgunhas ocasións mostran o seu apoio a causas como a do barrios de Gamonal en Burgos (por poñer un exemplo recente), pensamos que sería boa idea, despois da retirada da faixa do aborto en Riazor, e tendo en conta que son xente crítica con ese tipo de actuacións, propoñerlles que despregaran a nosa faixa no seguinte partido. A proposta levaba consigo soporte ante posibles repercusións (esto é: asumir a nosa responsabilidade legal no caso de que quixeran impoñer algún tipo de sanción, malia que coa lei do deporte na man, esto non se podería soster). Con moita mágoa recibimos unha negativa por parte dos Riazor Blues. Esta resposta recibímola con moito pesar, xa que nos enfrontamos cun posicionamento que non agardabamos dunha afición supostamente crítica e rebelde. Os Riazor Blues sempre foron xente moza, maioritariamente homes, nos preguntamos se nunca tiveron que recurrir a abortos nas súas relacións, ou se non son quen de asumir como propia unha loita que atenta tan gravemente contra os dereitos das mulleres, das súas compas e deles mesmos… semella que non.

Este sábado algunhas voltamos a Riazor, e os Riazor Blues sacaron duas faixas en dúas ocasións apoiando á xente do mar que está estes días sendo apaleada por loitar polos seus dereitos. As feministas tamén estamos apoiando a causa, xa que moitas mulleres son reprimidas polos recortes na pesca e a nosa sociedade sofre e, por iso berramos tamén que “No hay quien pueda con la gente marinera”. Aclarado isto nos preguntamos se non é igual de importante unha loita que a outra, ou se o feito de que a represión destes días fora con porras e a que nos quere impoñer Gallardón coa lei do Aborto sexa con rosarios nos nosos ovarios nos fai ser sofredoras de segunda para eles…

FaixaCercoRiazor

Con ese pesar algunhas seguimos indo a Riazor, decepcionadas, pero con ánimo de querer seguir usando ese espazo como un espazo de expresión e loita… pero tamén fartas de escoitar como a maioría dos cánticos de ánimo ao equipo se fan en castelán, se insulta dun xeito machista (porteiro como puta de cabaré, fillos de puta a todo aquel que non gosta, maricón, nenaza, échale huevos, Dépor, échale huevos…) o futebol é así! pois non!! algunhas negámonos e, igual que queremos mudar o mundo, rematar co patriarcado e co capitalismo, cremos que nos estadios tamén se poden mudar motias actitudes e confiamos en que aínda hai xente, compañeiros e compañeiras que así o sinten, e así o fan.

Sabemos que entre a xente dos Riazor Blues hai xente sensibilizada que con este post se vai sentir molesta, a esa xente vos pedimos que dentro ou fora de Riazor Blues fagades presión para que logremos ter unha afición realmente rebelde, de esquerdas, galega e loitadora e non que se quede na imaxe que actulamente se da. Aprendamos de compas como Bukaneros, sempre na fenda.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s