Nomepisesofreghao súmase aos actos convocados desde diferentes organizacións e colectivos feministas do país con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo). Este ano queremos marchar xuntas, porque especialmente estamos a sofrer as consecuencias do sistema que neste momento oprime con mais forza que nunca e nos fai retroceder en dereitos xa acadados.
O 11 de marzo haberá unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00h da estación de trens. De aquí alá levaránse a cabo diferentes actividades e accións nas comarcas por parte de aquelas persoas e colectivos que queran ir facendo ese camiño conxunto de cara o 8 de marzo.
Aquí vos queda o vídeo da rolda de prensa anunciando e argumentando as mobilizacións que numerosos colectivos feministas de Galiza levarán a cabo con motivo do 8 de marzo de 2012:
Ademais podedes ver/descarregar os cartaces premendo nas imaxes:
Tamén podes aceder ao manifesto elaborado nas seguintes ligazóns:
Animámos a todas as persoas interesadas en facer este camiño con nós a que contacten para artellar accións conxuntas. Tamén vos convidamos a combinar o día 11 e irmonos todas xuntas no tren que nos leve a Compostela a manifestarnos polos nosos dereitos.
Pingback: Manifestación Nacional o 11 de maroz en Compostela, mulleres galegas en loita polos nosos dereitos