gENERAtECH.tar.gz HOXE: Colectivos feministas e tecnoloxías libres en rede

Segunda sesión da mostra final do proxecto que combina o uso da tecnoloxía para traballar en materia de xénero, capacitando a colectivos e persoas nesa materia.

Traballando xuntas: Hackeando o xénero é o título dunha mesa redonda que da paso a colectivos feministas autónomos de a coruña e barcelona que traballan en rede, subvertendo os roles de xénero, buscando na propia vivencia concepcións feministas de moi diferentes correntes e teorías.

Mesa Nomadismo itinerante. Ao longo de 2010 estiveronse levando a cabo obradoiros sobre o uso de ferramentas tecnolóxicas libres para o traballo en materia de xénero e feminista en diferentes pontos do estado (Galiza, Madrid, Valencia e Barcelona). Como resultado final se propón esta mostra de experiencias.

gENERAtECH é un proxecto que conta coa financiamento do plan avanza e que pretende investigar sobre o emprego de tecnoloxías libres nos espazos feministas e de estudos de xénero, os colectivos que forman parte desta rede son deas destroying muros-valencia, ningún lugar-barcelona , e diversos colectivos de galiza nomepisesofreghao, sdg, olholivre.

Para rematar a noite no local A Nena Pepita haberá actuacións protagonizadas por moitas mulleres e algun home que participa destas loitas contra o binarismo de xénero. Un espectáculo amenizado por Mina, Veremos a bio-instalación de Clara Gayo que traballa co seu corpo, cancións de autora da man de Irene, e por último sesión de música e visuais de Florian korchoi, freeswl (beka e sweena) Djane laboucherie e vijane Stormbootnet.

Anúncios