En repulsa ao caso da muller agredida en Monte Alto (e polas demais)

Unha vez mais unha muller é víctima do afán de posesión de quen fora a súa parella e pai das súas fillas. Esta veciña do bairro salvou a súa vida, mas sofriu graves feridas provocadas polo seu agresor directo, ademáis queremos denunciar tamén as agresións que reciben as mulleres por parte dos medios e do morbo que xeneran co tratamento que reciben este tipo de novas.
Para comezar, entre a escasa información que circulou onte, nada mais producirse a salvaxe agresión, un dos datos no que se insistiu foi que se trataba de persoas marroquinas. Mais tarde, en prensa, xa con mais datos insistíase no dato da nacionalidade. É  quizais un atenuante ou unha explicación do feito? aporta algún tipo de información que non sexa con intención de criminalizar culturalmente e esta xente?
Por outra banda é xeneralizado o pouco respeto que se da á intimidade das mulleres que sofren este tipo de agresións, facilitan as súas iniciais, dan indicacións do seu enderezo de residencia e aportan datos que van mais alá de información que precisamos e expoñen a estas mulleres á mirada pública, facilitan que as sinalemos co dedo. Neste caso a muller semella que vai salvar a vida, pero xa temos datos para podela recoñecer polo bairro, e ás súas fillas… non é eso victimizala ainda mais do que o seu agresor fixo xa?
Como veciñas do bairro queremos mostrar a nosa repulsa ante agresións deste tipo, neste caso cargadas ademais dun extra de violencia, se cabe, xa que houbo disparos polo medio, a plena luz do día, coas rapazas … indignante!
Vivimos e traballamos por un bairro integrador, no que queremos que toda a veciñanza sexa parte del, aporte diversidade e dignidade, no que traballamos por que as novas xeracións vivan nunha sociedade mais xusta e mais igualitaria, onde as persoas non sintan que se posúen unhas ás outras e sexan libres, libres para viver onde queran e podan, onde traballar, onde decidan libremente con quen viver e a quen amar e, sobre todo onde non sexan xulgadas polo seu xeito de vida porque este foi un bairro onde se loitou moito pola dignidade e queremos que así siga.

Nin unha agresión sen resposta!!

Anúncios

2 thoughts on “En repulsa ao caso da muller agredida en Monte Alto (e polas demais)

  1. Pingback: » Blog Archive » En repulsa so caso da muller agredida en Monte Alto (e por todas as demais)‏

Os comentários estão fechados.