Obradoiros Tecnolóxicos Libres para corpos Libres!

Como todas sabedes o manexo da tecnoloxía é unha ferramenta indiscutible de empoderamento. Desde Nomepisesofreghao o uso da tecnoloxía está a ser unha das liñas prioritarias de traballo na Gz, coa nosa participación como nodo local no proxecto Generatech temos a posibilidade de facelo en rede non só con compas do país, senón tamén do estado. Evidentemente a nosa aposta pasa por comprender que si a tecnoloxía nos empodera, as ferramentas libres nos liberan, por iso queremos seguir espallando a idea do uso do software libre.
Até o de agora estivemos facendo obradoiros monográficos iniciación a ubuntu, deseño vectorial con Inkscape, retoque fotográfico con GIMP… tamén, coa visita das compas de Generatech aprendimos nocións básicas de edición de vídeo, stream, DelVj… ábrese entón para nós unha nova etapa, xa temos un pequeno mostrario de diferentes ferramentas, quedan moitas por coñecer… pero estamos nese punto de inflexión no que xa están abertas as portas para migrarnos ao traballo en software libre e agora hai qeu seguir o camiño do empoderamento e a liberdade, estas ferramentas nos valen para a nosa vida diaria, pero nos queremos que tamén sirvan para apoiar a loita da liberación do xénero, somos activistas, en maior ou menor medida queremos manter a politización do xénero e que aprendamos e usemos as ferramentas para traballar nese ámbito, polo tanto a proposta para esta nova etapa é:
1.- retomar os obradoiros, mudamos aos luns, de 19:00 a 21:30h
2.- reconfigurar o formato: xuntarnos para fedellar, cada quen que veña coas súas inquedanzas e nos imos organizando de xeito que non teña que haber unha mestra e unhas alumnas, unhas veñen a instalar, outras a deseñar… e todas a compartir coñecemento
3.- incorporar novos corpos, nos dan igual os xenitais, se teñen ideas de traballar o xénero
4.- producir material: desde cartaces para actividades dos colectivos, a edición de video con material de activismo feminista, creacións de loops para pinchar con visuais…
5.- respectar os ritmos: cada quen atópase no seu punto con respecto ao xénero e o uso das ferramentas, da igual, respectemos iso e aprenderemos mais a mellor, todas demandamos coñecemento e todas podemos ofrecelo nun momento dado…

Unha vez mais vos convidamos a vir a fedellar con nós, se queres instalar, ou resolver dúbidas sobre o uso do teu novo sistema operativo, ou queres aprender a usar algunha ferramenta… vémonos no Atreu, o luns 31 de maio, ás 19:00h

Anúncios